Proxectos

Redución da vulnerabilidade alimentaria e mellora do estado nutricional da poboación ancián usuaria dos servizos do proxecto social humanitario do antigo Convento de Belén, La Habana, Cuba.

La Habana Vieja conta cun número considerable de adultos maiores, rexistrándose na área municipal un total de 17.570 (10.521 mulleres e 7.049 homes), o que constitúe o 18.02 % da súa poboación. Sumado a isto, nos próximos dez años chegarán aos 60 anos, 15.470 persoas .Este aumento progresivo da poboación de persoas maiores deu lugar á concepción e aplicación de programas de atención e promoción de actividades de todo tipo, dedicadas á satisfacción das súas aspiracións, esixencias e necesidades, tanto económicas como culturais, lúdicas e outras de carácter social. Dada esta problemática crecente, la Oficina del Historiador desenvolveu no contexto do Centro Histórico, un amplo programa de rehabilitación física e social co que se intenta, entre outros obxectivos, minimizar os impactos negativos provocados pola idade avanzada dos adultos maiores e proporcionarlles condicións de vida axeitadas

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
CUBA
Zona de actuación: 
La Habana Vieja
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Contraparte: 

Oficina do Historiador da cidade de La Habana

Código CRS: 
72040 - Axuda alimentaria de emerxencia
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Mellora dos servizos de atención á poboación anciá en situación de vulnerabilidade de La Habana Vieja, La Habana, Cuba
Obxectivo específico: Redución da vulnerabilidade alimentaria e mellora do estado nutricional da poboación anciá usuaria dos servizos do proxecto social humanitario do antigo Convento de Belén, La Habana, Cuba.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1. Al 8º mes de execución do proxecto garantirase unha alimentación suficiente e nutritiva para as 1.057 persoas usuarias do Programa de Atención á terceira idade do antigo Convento de Belén.
Actividade
A1.1.1. Cotización e compra de alimentos.
A1.1.2. Distribución de racións alimentarias.
A1.1.3. Deseño e seguimento de plans alimenticios individuais.
A1.1.4. Realización dun programa de capacitación sobre bos hábitos alimenticios e saúde nutricional.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa
1.057 persoas, 896 mulleres e 161 homes
Indirecta
5.285 persoas, 2.637 mulleres, 1.758 homes, 311 nenos e 579 nenas
 

Axudas: 

58262,83