Acceso a auga potable para os/as refuxiados/as sudaneses/as do leste de Chad
O propósito deste proxecto é contribuír ao proceso de protección internacional de refuxiados/das sudanesas/es no leste de Chad asegurando o acceso aos servizos básicos máis esenciais, neste caso á auga potable nos campos de refuxiadas/vos e nas comunidades de acollida lindeiras. O seu obxectivo será conseguir que os/as refuxiados/as sudaneses/as no campo de Iridimi e Touloum, xestionados por ACNUR no leste de Chad, e a poboación local teñan acceso ininterrompido a auga potable cunha subministración de calidade de conformidade cos estándares internacionais, evitándose deste xeito a transmisión de enfermidades. Este proxecto supón unha continuidade lóxica con respecto ao financiado pola Exca. Xunta de Galicia en 2014 e 2015 en canto a temática e zona de intervención, o que reforzará o seu impacto e viabilidade.
Obxectivo Xeral: Mellora das condicións de vida da poboación refuxiada sudanesa nos campos do leste de Chad.
Obxectivo Específico: Acceso ininterrompido a auga potable para 40.040 refuxiados/as sudaneses/as nos campos de Iridimi e Touloum segundo estándares internacionais.
Resultados e actividades
Resultado 1.1: Mellorada a calidade da auga potable, alcanzando estándares internacionais de consumo de auga segura no campo de Iridimi e Touloum
A.1.1.1: Tratamento da potabilidade da auga e realización de controis periódicos de calidade da auga.
Resultado 1.2: Sensibilizadas as comunidades beneficiarias sobre a xestión da auga e a hixiene nos campos de Iridimi e Touloum.
A.1.2.1: Mobilización comunitaria sobre a xestión da auga, a súa dispoñibilidade e a súa potabilidade e educación sobre a hixiene.
20.000 € (2016)