Proxectos

Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego (EpD – CpD VI)

Este proxecto constitúe unha aposta integral pola formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abarca desde a educación infantil ata a universitaria e que se presenta como continuación e complemento do proxecto EpD-CpD. As accións programadas inciden na sensibilización sobre a problemática dos países empobrecidos e da situación dos colectivos máis desfavorecidos deses países, especialmente das mulleres. Preténdese contribuír a fomentar e fortalecer un clima de tolerancia, solidariedade, democracia e respecto, desde a conciencia crítica e a pluralidade en 8 centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra, que ao longo do curso adquiren un compromiso que se concreta nas actividades de Escolas Sen Racismo, Escolas pola Paz e o Desenvolvemento (ESR,EPD).

Ano: 
2016
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivos:
Obxectivo xeral: Contribuír ao fortalecemento da educación e comunicación para o desenvolvemento en Galicia.
Obxectivo específico: Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Facilitados recursos e ferramentas educativas para a reflexión e a análise das realidades, global e local, interculturalidade, a resolución pacífica dos conflitos e xénero en 8 comunidades educativas galegas.
A1.1.1. Xuntanzas de presentación e seguimento
A1.1.2. Manifesto Escolas Sen Racismo
A1.1.3. Contos solidarios ilustrados
A1.1.4. Teatro Forum sobre xénero, interculturalidade e prevención de conflitos.
A1.1.5. Mira Tí
A1.1.6. De Profesión Cidadáns/ás (DPC) “Xénero” e “Migración e Refuxio”
A1.1.7. Ciclo de Obradoiros de prevención da Violencia de Xénero co alumnado de secundaria
A1.1.8. Formación Servizo de Mediación Escolar
A1.1.9. Formación en Habilidades Sociais e Teatro para Servicio de Mediación Escolar
A.1.1.10. Deseño e posta en marcha dun Plan de acción coa ANPA do CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela)
Resultado 1.2: Melloradas e aplicadas as capacidades do alumnado de 7 centros educativos (primaria e secundaria) en materia de comunicación para o desenvolvemento para a creación dos seus propios discursos solidarios.
A1.2.1. Elaboración das sesións formativas dos Obradoiros de radio e televisión de educación e comunicación para o desenvolvemento.
A1.2.2. Elaboración das sesións formativas dos obradoiros de guerrilla da comunicación.
A1.2.3. Realización das sesións formativas dos Obradoiros de radio e televisión de educación e comunicación para o desenvolvemento.
A1.2.4. Realización das sesións formativas dos obradoiros de guerrilla da comunicación.
A1.2.5. Elaboración do blog dos Obradoiros de radio e televisión de educación e comunicación para o desenvolvemento.
A1.2.6. Avaliación de todas as sesións formativas do alumnado dos obradoiros.
A1.2.7. Deseño e distribución dos dvd cos programas de radio e televisión dixital resultantes dos obradoiros.
Resultado 1.3. Fortalecidas as capacidades e os coñecementos do alumnado universitario galego en materia de cooperación e comunicación para o desenvolvemento.
A1.3.1. Deseño e distribución dos materiais de difusión do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional e do curso de Introdución á cooperación ao desenvolvemento.
A1.3.2. Elaboración do programa do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional e do curso de Introdución á cooperación e educación para o desenvolvemento
A1.3.3. Realización do curso de Introdución á Cooperación e a Educación para o desenvolvemento.
A1.3.4. Selección dos participantes no Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional
A1.3.5. Realización do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional na USC.
A1.3.6. Realización do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional na USC, módulo práctico en Marrocos.
A1.3.7. Seguimento e avaliación dos cursos tanto nas universidades como na parte práctica en terreo.
Resultado 1.4: Ao finalizar o proxecto, implementado un plan de seguimento e avaliación participativo do proxecto e un plan de comunicación.
A1.4.1. Deseño e posta en marcha do Plan de Comunicación
A1.4.2. Deseño e posta en marcha do Plan de seguimento e avaliación
A1.4.3. Deseño e elaboración dunha liña de base
 

Poboación beneficiaria: 

Directa
As/os beneficiarias/os directas/os son un mínimo de 1081 persoas, entre alumnado de ensino non universitario (infantil, primaria, secundaria) e universitario, os equipos docentes e de orientación nais e pais.
Indirecta
As/Os beneficiarias/os indirectas/os serán aproximadamente 3.000 persoas, distribuídas entre: as 8 comunidades educativas onde se leva a cabo o proxecto, posto que repercute nunha mellor convivencia nos centros; as familias e grupos de iguais do alumnado; e o sector da cooperación internacional en Galicia que se ve reforzado polas accións formativas desenvolvidas por ACPP e AGARESO.

Axudas: 

45.000,00 €; 18.000,00 € (2016) e 27.000,00 € (2017)