Proxectos

Galicia fronte á desigualdade: respostas desde unha fiscalidade xusta

Con este proxecto preténdese contribuír a aumentar a capacidade e o impacto das persoas voluntarias, activistas e colectivos sociais de Galicia, que desde a aprendizaxe compartida de alternativas en políticas e prácticas fiscais para a igualdade, analizan, propoñen e mobilízanse para xerar un coñecemento e apoio público ao redor dun sistema fiscal que combate a desigualdade. Para iso traballaremos acompañando e formando a eses colectivos para a acción, trataremos de introducir na opinión pública galega o debate sobre a fiscalidade como peza crave para combater a desigualdade e desta maneira contribuír á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. En todo este proceso incidirase en espazos de diálogo sobre política social nos que se promoverá a participación activa dos actores políticos e sociais clave.

Ano: 
2016
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INTERMÓN OXFAM (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

null

Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Cidadanía galega fortalecida en vínculos e activismo compartidos na loita polas sociedades mais igualitarias e xustas.
Obxectivo específico: Contribuír ao aumento da capacidade e do impacto das persoas dos equipos de voluntariado, activistas e colectivos sociais de Galicia que analizan, propoñen e se mobilizan para xerar coñecemento e apoio público en torno a un sistema fiscal que combate a desigualdade social.

Resultados e actividades: 

R.1. Realizado un proceso de formación para a mellora de capacidades e accións de incidencia ao redor da desigualdade social e fiscal entre os equipos de voluntariado de OI, activistas e colectivos sociais afíns.
A1.1.Formación-acción en torno a desigualdade-fiscalidade
A1.2. Encontro de equipos activistas para a xeración de capacidades e o intercambio de experiencias
R.2. A opinión pública galega contribúe a xerar debate cidadán en desigualdade social e fiscalidade como ferramenta de incidencia na distribución do gasto público.
A2.1. Mobilización social e difusión para o cambio de imaxinarios
A2.2. Difusión masiva mediante medios de comunicación
A2.3. Xornada de xornalismo comprometido
A2.4. Sensibilización e ciberactivismo en redes sociais
A2.5. Formación-acción en redes sociais: DATACTIC
R.3. Estratexias de incidencia cidadá formuladas e executadas para a participación nas políticas fiscais a través de espazos de diálogo que integren a actores sociais clave
A3.1. Mesa Ronda sobre políticas redistributivas que combatan desigualdade de riqueza e poder
A3.2. Encontro de coñecemento e intercambio para establecer unha estratexia común de incidencia
A3.3. Encontro con partidos políticos

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.985 adultos/as (873 homes e 1.112 mulleres) e 370 menores (180 nenos e 190 nenas)
Indirecta: 20.305 persoas entre socias/os de Oxfam Intermón (8.420), clientela habitual das dúas tendas cidadás de Galicia (8.688) e seguidores/as de Oxfam Intermón en redes sociais (3.197)

Axudas: 

28.940,00 € ; 11.576,00 € (2016) e 17.364,00 € (2017)