Proxectos

Fomento da conciencia social, capacidade de comunicación crítica e interrelación entre o global e o local do colectivo adolescente dos municipios de Ames, Bueu, Viana do Bolo, Silleda e A Guarda

O proxecto EpD_LAB III é un proxecto multimedia de comunicación que se desenvolverá en 5 centros educativos de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Ames, Bueu, Viana do Bolo, Silleda, A Guarda) e unha asociación de mozas e mozos de Latinoamérica (Usulután, El Salvador). O obxectivo principal de EpD_LAB é a formación no uso das TIC como medio de comunicación para a sensibilización social e a formación en valores, centrada na comunicación para o desenvolvemento e a cooperación. O proxecto traballará na produción de contidos transmedia ao redor de tres bloques temáticos: os prexuízos raciais e a interculturalidade, o sexismo e a igualdade de xénero, e as relacións Norte-Sur e o consumo responsable. Tanto alumnado como profesorado recibirán formación no uso activo e responsable das TIC para a defensa dos valores como a igualdade, a tolerancia, a defensa dos dereitos humanos, a co-responsabilidade, o consumo e a loita contra a desigualdade global.

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Sensibilización social respecto as causas da desigualdade global e o papel de da comunicación como motor de transformación social na educación secundaria

Obxectivo específico: Fomento da conciencia social, capacidade de comunicación crítica e interrelación entre o global e o local do colectivo adolescente dos municipios de Ames, Bueu, Viana do Bolo, Silleda e A Guarda

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Creadas as sinerxías e transferidas as ferramentas pedagóxicas necesarias ao profesorado para garantir á participación activa no proxecto e a réplica do mesmo noutros centros educativos de forma autónoma

A1.1.1: Encontro de coordinación e formación do profesorado participante no proxecto

A1.1.2: Elaboración conxunta co profesorado do cronograma lectivo do proxecto, o plan de seguimento e o deseño do encontro final

A1.1.3: Elaboración de enquisas ao profesorado e ao alumnado sobre uso das ferramentas, prexuízos e niveis de satisfacción co proxecto

A1.1.4: Curso de formación para o profesorado e base social sobre Novas Narrativas Dixitais

Resultado 1.2: Aumentada a competencia mediática do alumnado e a capacidade de identificación dos contidos informativos, publicitarios e de ficción que transmiten prexuízos raciais, de xénero e culturais

A1.2.1: Realización de dúas sesión sobre identidade sexual e sexismo

A1.2.2: Obradoiro sobre a veracidade das mensaxes e os roles dos colectivos nos medios de comunicación

A1.2.3: Obradoiro sobre migracións e tratamento informativo

A1.2.4: Obradoiro sobre comunicación en positivo contra la discriminación

Resultado 1.3: Adquirido por porte do alumnado un maior coñecementos sobre Cooperación Internacional e a relación que existe entre as problemáticas que afectan aos países empobrecidos e as nosas decisións como cidadáns do mundo

A1.3.1: Obradoiro sobre a realidade de mozas e mozos de El Salvador

A1.3.2: Obradoiro de dúas sesións sobre as relacións Norte-Sur

A1.3.3: Obradoiro sobre Cooperación Internacional e Voluntariado

Resultado 1.4: Adquiridas por parte do alumnado as capacidades técnicas necesarias para poder empregar as ferramentas TIC para a denuncia social

* Son os mesmos que o resultado 2 e 3

A1.4.1: Realización de dúas sesión sobre identidade sexual e sexismo

A1.4.2: Obradoiro sobre a veracidade das mensaxes e os roles dos colectivos nos medios de comunicación

A1.4.3: Obradoiro sobre migracións e tratamento informativo

A1.4.4: Obradoiro sobre comunicación en positivo contra la discriminación

A1.4.5: Obradoiro sobre a realidade de mozas e mozos de El Salvador

A1.4.6: Obradoiro de dúas sesións sobre as relacións Norte-Sur

A1.4.7: Obradoiro sobre Cooperación Internacional e Voluntariado

Resultado 1.5: Os resultados do proxecto transcenden as aulas e o alumnado descubre o poder da acción colectiva

A 1.5.1: Encontro entre os 5 centros para o intercambio de experiencias e creación dunha acción conxunta de comunicación

A 1.5.2: Elaborar e posta en práctica unha campaña específica de difusión do proxecto

A 1.5.3: Presentación do proxecto a polo menos 3 xornadas sobre proxectos de ED e innovación social

Poboación beneficiaria: 

Directa: O total das persoas participantes é de 174 persoas, das cales 15 son mulleres e 15 homes, e 75 nenas e 69 nenos.

Desde Galicia o grupo de persoas beneficiarias está composto por 61 alumnas, 58 alumnos, 7 profesores e 3 profesoras, xunto cos 20 profesionais que acudirán as formacións. Desde o Salvador son un total de 25 persoas, entre 17 nenos e 8 nenas, xa que a participación de mulleres dentro do voluntariado en Radio TV Izcanal é menor.

Indirecta: Resto de docentes dos centros participantes: 289 docentes (189 mulleres e 100 homes). Ao finalizar o proxecto realizaranse actos de presentación en cada centro educativo polo que aos/ás beneficiarios/as indirectos/as hai que engadir o alumnado dos centros, neste caso un total de 2194 (1000 nenos e 1194 nenas).

Axudas: 

32.886,00 €; 13.154,40 € (2017) e 19.731,60 € (2018)