Proxectos

Horizonte 2030: Construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora

O proxecto pretende crear liderados positivos para unha xuventude galega transformadora a través dun programa que se desenvolverá entre os anos 2017 e 2020.

Esta iniciativa recolle toda a experiencia de Solidariedade en ED, sobre todo o coñecemento xerado nos proxectos de investigación en ED realizados nos catro últimos anos.

Tomarase como referencia a Axenda 2030 para "ser vixías do cumprimento das políticas públicas de loita contra a pobreza" tendo en conta a experiencia adquirida en terreo, neste caso, polo Instituto de Liderazgo de las Segovias (ILLS) de Nicaragua con unha ampla experiencia en liderados positivos.

A iniciativa tamén fortalece á propia organización, polo que se traballará en dous planos: nun plano externo co profesorado e nun plano interno coa equipa técnica, xunta directiva e voluntariado de SI Galicia.

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Construír liderados positivos para unha xuventude galega transformadora (2017/2020)

Obxectivo específico: Desenvolvidos os atributos da cidadanía global* no profesorado de 9 centros de ensino secundario de Galicia e na equipa de Solidariedade Internacional

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Capacitados en metodoloxías participativas e contidos da Ed aos axentes socioeducativos implicados

A1.1.1: Crear e definir contidos do itinerario formativo

A1.1.2: Implementar formación en participación

Resultado 1.2: Deseñada colaborativamente (ONG e profesorado) unha proposta educativa para desenvolver co alumando da ESO.

A1.2.1: Vincular a dimensión global da Ed. coas mestrías educativas do profesorado participante.

A1.2.2: Deseñar unha proposta educativa para desenvolver nas materias participantes co alumnado o 2º ano do programa

Resultado 1.3: Creado un Observatorio Xuvenil de políticas públicas de loita contra a pobreza

A1.3.1: Deseñar un Observatorio Xuvenil de políticas públicas de loita contra a pobreza.

A1.3.2: Dar contido colaborativamente ao Observatorio Xuvenil de políticas públicas de loita contra a pobreza

Resultado 1.4: Xestionado o coñecemento para o desenvolvemento do proxecto

      A1.4.1: Realizar unha liña base do proxecto

      A1.4.2: Realizar unha avaliación mixta do proxecto

Poboación beneficiaria: 

Directa: Unhas 57 persoas en total, das cales 50 son mulleres e 7 son homes.

A ONGD está formada actualmente por 7 persoas na equipa técnica, 7 persoas na Xunta Directiva e 34 voluntarios/as ( 6 homes e 42 mulleres). O profesorado participante son 9 persoas ( 8 mulleres e 1 home).

Indirecta: Unhas 1.114 persoas, das cales 664 son persoas adultas (400 mulleres e 264 homes) e 400 rapaces/as (225 nenas e 225 nenos). Entre alumnado do profesorado participante (uns 50 alumnos/as por profesor/a) e socios/as de SI Galicia.

Axudas: 

34.996,00 €; 13.863,40 € (2017) e 20.754,60 € (2018)