Proxecto de fortalecemento das capacidades de incidencia política e xeración de alternativas produtivas sustentables de organizacións da sociedade civil vinculadas ao sector pesqueiro e agrícola de pequena escala en 7 municipios costeiros da Rexión 13 – Golfo de Fonseca, Honduras, con enfoque de soberanía alimentaria e defensa do territorio
O proxecto localízase en municipios dos departamentos de Choluteca e Val da Rexión 13 Golfo de Fonseca: Amapala, Alianza, Nacaome, San Lorenzo, Marcovia, Namasigüe e El Triunfo. Con el preténdese fortalecer as capacidades de incidencia política e xeración de alternativas produtivas sustentables de Organizacións da Sociedade Civil (OSC) vinculadas ao sector pesqueiro e agrícola de pequena escala, en 7 municipios costeiros da Rexión 13 - Golfo de Fonseca, Honduras, cun enfoque de soberanía alimentaria e defensa do territorio. Vincularanse á acción de forma indirecta, 1686 familias de agricultores/as e pescadores/as do departamento de Val, sendo estas familias partícipes do fortalecemento da OSC de maior representación do sector pesqueiro artesanal na zona, como é CODDEFFAGOLF. En segunda instancia espérase que o proxecto incida no fortalecemento doutras Organizacións da Sociedade Civil que defenden e promoven o sector primario de pequena escala, entre as que se atopan cooperativas e grupos organizados de pescadores/as e agricultores/as, ou de marisqueiras, asociacións locais e internacionais que traballan na zona no ámbito da soberanía alimentaria e a defensa do territorio. Así mesmo, tamén se espera que os espazos de concertación social e participación nestes dous ámbitos saian fortalecidos.
Comité para a Defensa e Desenvolvemento da Flora e Fauna do Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF)
Obxectivo Xeral: Reducir a vulnerabilidade alimentaria cun enfoque de dereito e soberanía alimentaria en poboacións vulnerables do sur de Honduras.
Obxectivo Específico: Fortalecer as capacidades de incidencia política e de xeración de alternativas produtivas sustentables de Organizacións da Sociedade Civil (OSC) vinculadas ao sector pesqueiro e agrícola de pequena escala en 7 municipios costeiros da Rexión 13 – Golfo de Fonseca, Honduras, con enfoque de soberanía alimentaria e defensa do territorio.
Resultado.1.1: Fortalecidas as Organizacións da Sociedade Civil que promoven a soberanía alimentaria e a defensa do territorio.
A1.1.1. Diagnose de OSC que traballan nos 7 municipios en materia de Soberanía Alimentaria e Defensa Territorial.
A1.1.2. Implementación dun proceso formativo que potencie o liderado institucional e local.
A1.1.3. Deseño de ferramentas de xestión organizativa para grupos locais de pescadores/as e agricultores/as de pequena escala.
A1.1.4. Acompañamento aos grupos (pesqueiros e agrícolas) na construción dunha axenda local que promova a participación e incidente en materia de Soberanía Alimentaria e Defensa Territorial.
A1.1.5. Implementación de ferramentas de arte lúdica para a superación de problemas e conflitos internos dos grupos.
Resultado.1.2: Ampliadas as posibilidades de medios de vida sustentables de agricultoras/es e pescadoras/es de pequena escala mediante procesos innovadores.
A1.2.1. Defensa e melloramento participativo de variedades de millo criollo
A1.2.2. Desenvolvemento de dúas pilotaxes para a maduración dos emprendementos produtivos en grupos cun nivel de organización intermedio.
A1.2.3. Creación dunha unidade de xestión de mercados locais para a promoción de espazos formais de comercialización.
A1.2.4. Experimentación e monitoreo de iniciativas de cría de pargo en gaiolas como alternativa de produción pesqueira sustentable.
A1.2.5. Capacitacións a grupos produtores para a mellora da calidade e comercialización de produtos locais, con enfoque de identidade territorial.
A1.2.6. Deseño dunha estratexia de intervención do sector produtivo pesqueiro e agrícola de pequena escala.
Resultado.1.3: Alcanzados procesos para a xeración de coñecemento en políticas nacionais que fortalezan a gobernanza do sector agrícola e pesqueiro.
A1.3.1.Implementación de Escola de Formación Política para os sectores produtivos.
A1.3.2.Participación de sectores produtivos en espazos de decisión, mesas e outros: reunións con SAG (Secretaría de Agricultura e Gandería), incluíndo Digepesca (Dirección Xeral de Pesca e Acuicultura), etc.
A1.3.3.Edición de “leccións aprendidas” das iniciativas de desenvolvemento do sector agrícola e pesqueiro con impactos positivos xerados.
A1.3.4.Valorización da identidade territorial na zona de intervención.
A1.3.5.Cartografía participativa para a defensa do medio ambiente e promoción da identidade territorial entre a mocidade
Directa: Unhas 406 persoas, das cales 110 son mulleres e 169 homes, e 68 nenas e 59 nenos
Indirecta: Unhas 1.686, das cales 746 son mulleres e 632 homes, e 158 nenas e 150 nenos; habitantes de nove “seccionais” que integran a base organizativa de sociedade civil.
225.000,00 € (2017: 90.000,00 €; 2018: 135.000,00 €)