Mellora das condicións de habitabilidade, de atención á saúde comunitaria e á violencia contra as mulleres, no Batey A Balsa, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, República Dominicana.
A presente actuación forma parte dunha estratexia integral máis ampla levada a cabo no Concello de Ramón Santana, Provincia de San Pedro de Macorís (República Dominicana) a través de Plan Estratéxico Municipal (PEM) desenvolto desde o ano 2011 polo IDAC e ACPP. Concretamente o proxecto exposto desenvolverase no Batey A Balsa, preténdese mellorar as condicións de habitabilidade básica e das condicións de saúde e de vida das persoas do Batey A Balsa, mediante a erradicación dos barracóns e vivenda precaria e desenvolvendo accións orientadas ao fortalecemento da atención á saúde comunitaria e a unha vida libre de violencia para as mulleres e nenas.
O Instituto de Acción Comunitaria (IDAC) e ACPP, e máis recentemente co apoio de AGARESO expoñen 3 eixos fundamentais de actuación consistentes en:
Garantir o acceso a unha vivenda digna e saudable a 44 persoas (27 son mulleres e 17 homes) a través da construción e entrega a 8 familias de 4 bloques de vivendas encostadas (chamadas vivendas dúplex) cunha fosa séptica con capacidade para 15 vivendas. Para o bo uso e mantemento das mesmas constituirase e formará un Comité de Construción que coordinará a man de obra voluntaria e apoiará nas tarefas de construción.
Fortalecer as capacidades, tanto formativas como de equipamentos, do sistema comunitario de saúde do Batey A Balsa en temas de saúde comunitaria, prevención de violencia contra as mulleres e dereitos sexuais e reprodutivos. Para iso levarán a cabo sesións de reforzo coas 15 promotoras que conforman a Rede de Saúde Comunitaria do Batey. Este reforzo deseñouse conxuntamente coa Dirección Provincial de Saúde e o Ministerio da Muller desde un enfoque de xénero co obxectivo de mellorar a calidade de vida das mulleres e nenas do Batey para incidir en problemas de violencia en todas as súas manifestacións. Ademais, complementarase o equipamento do Fogar Comunitaria e Saúde e traballarase coas mulleres do Batey en cuestións relacionadas coa autoestima e os dereitos sexuais e reprodutivos.
Promover unha cultura da igualdade e equidade de xénero. levarán a cabo talleres en centros educativos para a promoción dunha vida sen violencia. levarán a cabo en colaboración cos Ministerios de Educación e da Muller cos que se asinaron convenios de colaboración. Traballarase especialmente con homes novos e adultos na construción de novas masculinidades, reflexionando sobre a construción das identidades masculinas e analizando as raíces da violencia.
Instituto de Acción Comunitaria (IDAC)
Obxectivo Xeral: Garantir o dereito a unha vivenda digna, á saúde comunitaria e a unha vida libre de violencia para as mulleres do Batey a Balsa, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, República Dominicana.
Obxectivo Específico: Mellora das condicións de habitabilidade, de atención á saúde comunitaria e á violencia contra as mulleres, no Batey a Balsa, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, República Dominicana.
Accións comúns a todos os resultados:
Actividade 0.1: Asemblea Comunitaria informativa de lanzamento do proxecto e conformación do Comité de Construción do Batey A Balsa.
Actividade 0.2: Deseño, impresión, colocación e distribución de materiais de visibilidade do proxecto.
Resultado 1.1: Ao 12º mes, garantiuse o acceso a unha vivenda digna e saudable a 44 persoas (27 mulleres e 17 homes) do Batey A Balsa.
A1.1.1: Contratación de empresa construtora e organización dos grupos de traballo.
A1.1.2: Realización da formación en técnicas de construción e mantemento de infraestruturas ás persoas membros do Comité de Obras
A1.1.3: Limpeza e preparación do terreo para construción de vivendas.
A1.1.4: Marcación do terreo e cimentación por zapata
A1.1.5: Construción da estrutura da vivenda: levantamento de muros, instalación de teitos e terminacións.
A1.1.6: Construción da fosa séptica e conexión ás vivendas.
A1.1.7: Realización dun acto público de entrega e recepción das vivendas ás familias beneficiarias.
Resultado 1.2: Ao 12º mes, fortalecéronse as capacidades da Rede de Saúde Comunitaria do Batey A Balsa en saúde comunitaria, violencias contra as mulleres e dereitos sexuais e reprodutivos.
A1.2.1: Capacitación á Rede Comunitaria de Saúde en: saúde comunitaria, xénero e autoestima, violencia intrafamiliar e dereitos sexuais e reprodutivos.
A1.2.2: Equipamento das promotoras para a súa actividade de campo.
A1.2.3: Completar o equipamento e dotación do Fogar de Saúde Comunitario.
A1.2.4: Realización de 3 xornadas de capacitación ás mulleres sobre autocuidados, autoestima, xénero e violencia.
Resultado 1.3: Ao 12º mes, melloráronse os mecanismos de concienciación sobre os patróns culturais que xeran desigualdade e violencia contra as mulleres.
A1.3.1: Programa de 60 horas de Labor Social para unha Vida Libre de Violencia.
A1.3.2: Ciclo de charlas en centros educativos de secundaria e primaria
A1.3.3: Talleres educomunicativos en centros educativos de secundaria e primaria.
A1.3.4: Creación dun programa sobre xénero no Centro Tecnolóxico Comunitario de Ramón Santana.
A1.3.5: Presentación pública do proxecto e do novo espazo radiofónico nos bateyes
A1.3.6: Curso de Novas Masculinidades para homes.
Resultado 1.4: Impulsada unha estratexia de difusión e un plan de seguimento e avaliación do proxecto
A1.4.1: Constitución dun Comité de Dirección e Seguimento do Proxecto.
A1.4.2: Deseño dunha estratexia de difusión do proxecto en RD e Galicia.
A1.4.3: Gravación dun vídeo do resultado dos talleres
A1.4.4: Gravación de 10 vídeo-cartas por parte do alumnado dos talleres
Directa: Unhas 721 persoas, das cales 145 son persoas adultas (104 mulleres e 41 homes) e, 576 nenas/os (284 nenas e 292 nenos). Do total destas cifras: 44 persoas realoxadas (27 son mulleres); 10 persoas integrantes do Comité de Construción (polo menos 5 mulleres); 36 docentes (27 mulleres) e 576 alumnas/os (284 mulleres) da escola Básica de Montecristi e o Liceo Federico Bermúdez de Ramón Santana; 10 líderes comunitarios homes nos obradoiros de novas masculinidades; polo menos 30 mulleres nas “Xornadas de capacitación sobre autocoidados, autoestima, xénero e violencia”; as 15 integrantes da Red comunitaria de Saúde; e 30 persoas mais beneficiadas pola fosa séptica.
Indirecta: Unhas 1.160 persoas das 811 son adultas/os (383 mulleres e 429 homes) e, 349 nenas/os (165 nenas 184 nenos)
178.804,00 € (2017: 71.521,60 €; 2018: 107.282,40 €)