Proxectos

Cooperación Galega: O mundo que queremos (V edición)

O presente proxecto constitúese como a V edición dunha iniciativa que conta con dúas características diferenciais que condicionan cada unha das fases e elementos que o compoñen; dunha banda, o feito de formar parte do Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e doutra, o feito de aspirar a ser un proxecto colectivo e participado polo maior número posible de entidades e colectivos galegos con experiencia no eido da EpD das que, no momento da presente formulación xa forman parte 6 entidades. Ambos feitos inciden directamente no obxecto, contidos e metodoloxía do mesmo.

Así pois, Cooperación Galega: o mundo que queremos, é unha iniciativa dirixida a 800 alumnas e alumnos dos centros de ensino galegos xunto ao seu profesorado, seleccionados entre aqueles que soliciten a presente proposta no marco do Plan Proxecta. Co profesorado e alumnado destinatario, afondarase nas desigualdade sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega. Os ODS serán a temática condutora da proposta e a comunicación comunitaria a ferramenta metodolóxica e elemento vertebrador das accións a desenvolver.

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FUNDACIÓN EDUCACIÓN E COOPERACIÓN - EDUCO
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Fomento dunha adolescencia galega consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.

Obxectivo específico: Contribuír ao fomento dunha adolescencia galega consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.

Resultados e actividades: 

Resultado 1: Deseñado, xestionado e executado o plan de coordinación e comunicación entre  as ONGDs consorciadas, A subdirección xeral de cooperación exterior e a Consellería de cultura, educación e  ordenación universitaria do Plan Proxecta 2017/2018

Actividade 1.1: Xestión e coordinación dos requirimentos da fase inicial e final (memorias) para a participación dentro do Plan Proxecta.

Actividade 1.2: Xestión e coordinación interna das ONGD e entidades participantes.

Resultado 2: Facilitados os coñecementos e as ferramentas precisas ao profesorado implicado para a incorporación do discurso da EpD na súa aula, ao longo do curso 2016-2017.

Actividade 2.1: Coordinación e acompañamento aos centros educativos.

Actividade 2.2: Encontro inicial profesorado e organizacións.

Actividade 2.3: Elaboración de materiais  de acompañamento  ao profesorado.

Resultado 3: Facilitados discursos e ferramentas ao alumnado participante para favorecer vías de denuncia sobre as súas realidades.

Actividade 3.1: Taller de introdución  a conceptos clave, ODS, Cooperación internacional e comunicación comunitaria.

Actividade 3.2: Talleres de fotografía e podcasting. 

Actividade 3.3: Teatro foro sobre xénero e migracións.

Actividade 3.4:  Encontro con colectivos do Sur.

Resultado 4: Ampliada a capacidade de sensibilización do proxecto a través dunha estratexia de comunicación integral.

Actividade 4.1: Elaboración dunha estratexia específica de comunicación para o proxecto

Actividade 4.2: Aumento da participación nas redes sociais propias da franxa de idade  do noso alumnado.

Actividade 4.3: Campaña de difusión nos medios de comunicación tradicionais

Actividade 4.4: Realización dun acto de incidencia en cada unha das vilas dos centros educativos participantes no proxecto.

Actividade 4.5: Divulgación externa do proxecto como experiencia educativa significativa.

Actividade 4.6: Elaboración dun vídeo sobre o desenvolvementos do proxecto

Resultado 5: Xestionados os coñecementos sobre experiencia da intervención de fronte á aprendizaxe colectiva.

Actividade 5.1.1: Avaliación continua e comparativa de todo o proceso de execución  do proxecto do mundo que queremos no curso 2017/2018.

Actividade 5.1.2: Formación interna. 

Poboación beneficiaria: 

Directa: Unhas 820 persoas, das cales 20 son profesorado (11 mulleres) e 800 alumnado (440 rapazas).

Axudas: 

70.000,00 €