A protección e asistencia básica para a poboación siria refuxiada no Líbano
O propósito deste proxecto é contribuír ao proceso de protección internacional dos/as refuxiados/as sirios/as nos países limítrofes e próximos a Siria (Turquía, Líbano, Xordania e Exipto) asegurando o acceso a servizos de emerxencia. Centrarase esencialmente en garantir a cobertura de necesidades básicas, a través da prestación de Cash Assistance, durante 6 meses a 22 familias refuxiadas sirias (132 persoas), que residen nas zonas urbanas de Mount Lebanon, Líbano.
Obxectivo Xeral: Contribuír ao proceso de protección internacional dos/as refuxiados/as sirios nos países limítrofes e próximos a Siria (Turquía, Líbano, Xordania, Iraq e Exipto) asegurando o acceso a servizos de emerxencia.
Obxectivo Específico: Garantir a cobertura de necesidades básicas a 22 familias refuxiadas sirias (132 persoas), que residen nas zonas urbanas de Mount Lebanon, durante 6 meses.
Resultado 1: Mantida unha rede segura de subministro de cash assistance para a cobertura de necesidades básicas en zonas urbanas de Mount Lebanon.
Actividade 1.1: Determinación das familias beneficiarias
Actividade 1.2: Desenvolvemento de controis financeiros e verificación de identidade
Resultado 2: Realizadas as transferencias mensuais de 175 USD a 22 familias sirias en Mount Lebanon.
Actividade 2.1. Transferencias de 175 USD a 22 familias extremadamente vulnerables
Resultado 3: As familias beneficiarias afrontan as súas necesidades básicas en materia de protección, vivenda, saúde e alimentación.
Actividade 3.1. Seguimento post-distribución e monitoreo
22 familias, unhas 132 persoas.
Axuda Xunta de Galicia: 20.000 € (2018)