Horizonte 2030: construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora. Segunda Fase; da aprendizaxe a acción e máis
O presente proxecto nace coma segunda fase do programa “Horizonte 2030; construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora” iniciado no ano 2017 da man de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Así, co obxectivo de promover novos liderados positivos, con especial atención á xuventude galega, iniciouse un proceso que conta co compromiso de participación da totalidade de persoas que formaron a primeira fase, e pretende a integración de todas as aprendizaxes sobre participación na vida profesional e institucional das persoas implicadas no proxecto, favorecendo así novos modos de facer nas aulas (por parte do profesorado) e na organización (dende os distintos roles que cada quen xoga en Solidariedade Internacional de Galicia).
En concreto, realizarase a implementación das propostas de traballo saíntes da primeira fase. Por unha banda, o profesorado implementará a proposta educativa resultado do traballo da primeira fase e, dende Solidariedade Internacional crearanse e promoveranse novos espazos de participación entre o que cabe destacar o observatorio. Compre subliñar que, nesta segunda fase, no ámbito interno preténdese dar un pulo definitivo á creación dunha área xuvenil de Solidariedade Internacional de Galicia que sirva coma espazo de participación para este grupo de idade tan presente na institución con inquedanzas e propostas propias.
Así mesmo, se lle dará continuidade ao proceso formativo abordando, neste caso, a cuestión concreta dos “novos liderados” ou “liderados positivos”, sempre dende a dobre abordaxe co profesorado, aulas e centros educativos por unha banda e cara ao interno da organización na procura dunha entidade máis plural e participada doutro. Coa intención de abrir o espazo a novas visións e xeitos de entender, para a formación sobre liderados contarase cunha proposta formativa do Instituto de Liderazgo Las Segovias, contraparte de Solidariedade Internacional de Galicia en Nicaragua cunha longa traxectoria de traballo neste ámbito e con experiencia específica en traballo con xuventude.
Obxectivo xeral: Construír liderados positivos para unha xuventude galega transformadora (2017/2020)
Obxectivo específico: Integrada e desenvolvida a cultura da participación a través dos axentes clave participantes na fase 1 dende a mirada dos ODS
Resultado 1.1: Implementada unha intervención educativa en 9 aulas da ESO e da formación profesional a través de metodoloxías participativas cos ODS como fío condutor
A1.1.1: Coordinación e planificación co profesorado participante no proxecto.
A1.1.2: Adaptación da intervención educativa deseñada á realidade do curso escolar 2018-2019.
A1.1.3. Realización de 3-4 obradoiros nas aulas dos centros educativos participantes. (investigación, visita sur, traballo co alumnado…)
Resultado 1.2: Creados e dinamizados espazos e ferramentas de participación en SI Galicia
A1.2.1: Deseño colectivo de contidos para o observatorio de políticas públicas.
A1.2.2: Creación dun espazo de participación institucional para a procura de posicionamentos políticos.
A1.2.3. Promoción da participación institucional entre tres colectivos chave de SIG; xuventude, socio/as e clientes das tendas de Comercio Xusto.
Resultado 1.3: Promovidos coñecementos, actitudes e habilidades de liderados positivos transformadores
A1.3.1: Realizar formación en Intelixencia Emocional dirixida aos axentes socioeducativos do proxecto.
A1.3.2: Realizar formación en liderados positivos transformadores dirixida aos axentes socioeduativo do proxecto
A1.3.3. Realizar formación en Oratoria dirixida aos axentes socioeducativos do proxecto
Resultado 1.4: Xestionado o coñecemento para o desenvolvemento do proxecto
A1.4.1: Realizar unha liña base con respecto do alumnado participante e complementar a do ano 2017 de axentes clave do proxecto
A1.4.2: Realizar a avaliación do proxecto
Directa: Unhas 518 persoas en total, das cales 202 son mulleres e 316 son homes.
Os beneficiarios serán parte da equipa técnica de SI Galicia, da Xunta directiva, voluntariado, colaboradores, alumnado, e profesorado participante.
Indirecta: Unhas 1.530 persoas, das cales 990 son persoas adultas (600 mulleres e 390 homes) e 540 rapaces/as (324 nenas e 216 nenos).
Axuda da Xunta de Galicia 31.018,50€; 12.407,40 € (2018) e 18.611,10 € (2019)