Proxectos

Coidadoras da Terra. Creando pontes entre a sociedade civil do Golfo de Fonseca (Honduras) e de Galicia na protección do territorio como sustento de vida

Este proxecto pretende traballar de cara a consecución dunha cidadanía crítica e solidaria, facendo especial énfase no uso da tecnoloxía para o desenvolvemento humano e o ben común, apostando por un modelo de educación emancipador que promova a cidadanía global (internacionalismo) a través do traballo colectivo das problemáticas globais partindo das realidades locais analizadas en diferentes sociedades do mundo, e poñéndoas en contacto para que se compartan e se recoñezan.

Así mesmo, traballa a prol de tres aspectos da defensa da terra e o territorio que ESF vén traballando en Honduras e Galicia nos últimos anos, e no que soe ser clave o uso de tecnoloxía que non ten en conta a realidade socio-ambiental: o dereito á auga, o dereito á alimentación, e o dereito á información e a tecnoloxía necesaria para aseguralo, a través da electrónica ética e a mobilización para a defensa do territorio ante as ameazas do extractivismo incontrolado das grandes mineiras para explotar os materiais imprescindibles para a fabricación de dispositivos electrónicos de uso masivo.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír a crear unha cidadanía cunha visión global solidaria e transformadora, consciente das agresións ao territorio e aos recursos imprescindibles para a vida e a súa relación nun mundo globalizado, e disposta a combatelas.

Obxectivo específico: Crear pontes entre a sociedade civil do Golfo de Fonseca e de Galicia e concienciación no eido do activismo pola protección da terra e o territorio e o papel das mulleres no mesmo.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Fortalecidas redes de defensa do territorio e soberanía alimentaria.

A 1.1.1. :Encontro de 2 mulleres marisqueiras artesanais do Golfo de Fonseca hondureño con activistas para coñecer iniciativas de boas prácticas de marisqueo e agroecolóxicas en Galicia.

A 1.1.2.: Encontro de 2 mulleres de xuntas de auga de Honduras da organización AHJASA coa organización homóloga galega COXAPO e visita a campo en Galicia.

A 1.1.3.: Encontro de 2 mulleres de redes de defensoras da terra do Golfo de Fonseca con activistas e visita a campo en Galicia.

A 1.1.4.: Participación dunha persoa de Galicia en San Lorenzo no encontro de defensoras da terra Rede Internacional Mocidade Clima, e apoio a organización.

RE 1.2: Compartidas tecnoloxías sustentables de extracción de recursos da terra e o territorio no eido do marisqueo, minaría e auga empregadas en Galicia.

A 1.2.1.: Recompilación de tecnoloxías tradicionais galegas no eido da semente de marisco, aprovisionamento de auga e a minaría artesanal, e o papel das mulleres no mesmo.

A 1.2.2.: Deseño de actividade de transferencia tecnolóxica Honduras-Galicia e viceversa para seguinte fase.

RE 1.3: Difundida entre a comunidade universitaria galega do eido tecnolóxico e á sociedade galega a problemática xerada polo extractivismo en Honduras, poñéndoa en relación coa que se está e estivo a dar en Galicia.

A 1.3.1.: Deseño e difusión de material de sensibilización sobre o tema de defensa da terra e o territorio.

A 1.3.2.: Faladoiros en espazos formais universitarios das temáticas de auga, defensa da terra e desenvolvemento endóxeno e soberanía alimentaria.

A1.3.3.:Faladoiros en espazos informais das temáticas de auga, defensa da terra e desenvolvemento endóxeno e soberanía alimentaria.

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa é un total de 1.030 persoas adultas, entre as que se atopan activistas de Galicia e alumnado estudante universitario dunha idade comprendida entre 18 e 25 anos.

Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta é un total de 2.600 persoas, contando co resto de estudantes, activistas e poboación xeral.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 25.000 € (2019:25.000 €)