Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da infancia e a mocidade rural de 8 comunidades do Municipio de Champerico (Guatemala). Fase 5 (peche)
O presente proxecto ten como obxectivo a mellora integral da calidade educativa, con pertinencia cultural e de xénero, en oito comunidades rurais en condicións de vulnerabilidade do municipio de Champerico, na costa sur occidental de Guatemala. Trátase concretamente de mellorar as condicións de calidade educativa en oito centros de preprimaria e primaria e dous institutos básicos (10 en total).
Este proxecto constitúe a quinta fase e final do Programa educativo Noj (sabedoría), desenvolto desde o ano 2015 ata a actualidade (5 anos) polas organizacións consorciadas no proxecto e que, á súa vez, dá continuidade á liña educativa do Programa de Desenvolvemento Integral (IDI) Oxlajuj Tz´ ikin, promovido pola Cooperación Galega nos municipios de Champerico e Retalhuleu entre os anos 2008 e 2012.
Como proxecto de peche púxose especial atención na introdución nos diferentes resultados accións orientadas, en primeiro lugar, á transferencia de capacidades a titulares de obrigacións, responsabilidades e dereitos; e, doutra banda, á avaliación e sistematización da experiencia do programa, co obxectivo, como se dixo, de aproveitar as aprendizaxes para un novo re enfoque das accións ou para o traslado da experiencia a outras rexións de Guatemala.
Con respecto ao contido da intervención do presente proxecto tratáronse de recoller as aprendizaxes das etapas anteriores, froito da reflexión interna do equipo e da visión externa das avaliacións anteriores, definindo unha intervención educativa, de carácter integral, que se estrutura en catro resultados, os dous primeiros relativos á compoñente pedagóxica, o terceiro relacionado coa compoñente de infraestrutura e o cuarto, relacionado co seguimento, avaliación, sistematización e difusión do proxecto.
Complementariamente, tamén se realizan no marco deste proxecto accións de educación para o desenvolvemento, comunicación e socialización dos resultados. Estas accións estruturaranse en dúas liñas:
1- Difusión do Dereito da infancia e Dereito á educación.
2- Difusión do Dereito ao hábitat.
Para iso xeraranse materiais e ferramentas no contexto local de Guatemala e utilizaranse para as tarefas de difusión en Galicia, especialmente no ámbito escolar.
Proyecto de Desarrollo Santiago (PRODESSA) e Asociación Indígena Pro-Desarrollo Integral (ASIAPRODI)
Obxectivo xeral: Contribuír a garantir o dereito á educación da nenez e a mocidade das comunidades en condicións de vulnerabilidade do municipio de Champerico, Retalhuleu, Guatemala.
Obxectivo específico: Mellorada a calidade educativa con enfoque de xénero e pertinencia cultural en 10 centros educativos públicos de oito (8) comunidades rurais, en condicións de vulnerabilidade, do departamento de Retalhuleu, Guatemala.
RE1: Mellorada a calidade educativa nos niveis de preprimaria, primaria e básico de 10 centros educativos, con énfases en comprensión lectora e valores, con enfoque de xénero, interculturalidad, protección do medio ambiente e educación inclusiva.
A.1.1: Actividades preparatorias e de seguimento.
A.1.2: Implementación de programas de lectura comprensiva con énfase en valores nos catro niveis educativos: preprimaria; primeiro primaria; segundo a sexto de primaria e primeiro a terceiro básico.
A.1.3: Diplomado en mediación da competencia lectora.
A.1.4: Talleres de formación con persoal técnico da DIDEDUC.
A.1.5: Talleres de formación para a educación inclusiva.
RE2: Fortalecidas as capacidades dos titulares de dereitos, responsabilidades e obrigacións en materia de dereito á educación.
A.2.1: Acompañamento a gobernos escolares.
A.2.2: Diplomado en incidencia política a favor do dereito á educación.
A.2.3: Programa de formación en comunicación radial para promover o dereito á educación.
A.2.5: Talleres para nais e pais de familia.
RE3: O alumnado e o profesorado das escolas de Vitorias III, Aztlán e Nueva Cajolá dispoñen dunhas instalacións adecuadas ás necesidades educativas; deseñado baixo criterios de seguridade, hixiene, confort, xénero, pertinencia cultural e sustentabilidade ambiental.
A.3.1: Elaboración do proxecto de execución.
A.3.2: Xestións preliminares para a construción.
A.3.3: Execución e xestión da obra de construción e adecuación da contorna.
A.3.4: Formación sobre uso e mantemento do centro educativo.
A.3.5: Entrega e inauguración da obra.
RE4: O proxecto xestionouse adecuadamente, a partir de criterios de transparencia, seguimento e avaliación continuos.
A.4.1: Actividades de coordinación xeral e seguimento.
A.4.2: Avaliación final do proxecto con enfoque de xénero.
A.4.3: Taller de sistematización final da experiencia.
A.4.4: Actividades de difusión do proxecto.
Directa: 1500 persoas: Homes (38), Mulleres (42), Nenos (710), Nenas (710)
Indirecta: Homes (2548), Mulleres (2599); Nenos (4910), Nenas (5049)
Axuda Xunta de Galicia: 224.980 € (2019: 89.992 €; 2020: 134.988 €)