Proxectos

Proxecto de mellora da sustentabilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de 7 grupos de mulleres marisqueiras nos municipios de Amapala, San Lorenzo e Marcovia, Honduras

O proxecto consiste na mellora da actividade marisqueira de sete grupos liderados por mulleres que realizan a actividade de xeito tradicional supoñendo unha fonte principal de ingresos para as súas familias, dadas as circunstancias de deterioro ambiental, perda de produción e ingresos que se vén dando nos últimos anos e ameazan dito modo de vida. Así mesmo, estableceranse metodoloxías e proxectos piloto de cultivo de moluscos, mellora da calidade, comercialización e imaxe do produto, mecanismos de ordenación da actividade e xestión dos espazos naturais para a rexeneración con criterios de gobernanza, incluíndo aspectos relativos á seguridade e vixianza do cumprimento da normativa ambiental e de pesca.

A idea do proxecto é avanzar na profesionalización da actividade marisqueira dende unha perspectiva que reúna as seguintes características: profesionalización do sector, valorización do traballo das mulleres na pesca e marisqueo, xestión con respecto á biodiversidade e baixo parámetros de sustentabilidade ambiental; comercialización legal que cumpra as normas fiscais, sanitarias e hixiénicas do produto, integración das institucións normadoras e xestoras para avanzar cara á formalización de normas de protección e fomento da rexeneración natural dos recursos, sentando as bases para avanzar no futuro cara a ordenación marisqueira e dos recursos marino-costeiros a través dunha experiencia piloto en Amapala.

O proxecto enfócase nos seguintes aspectos:

-Avanzar na formalización e legalización dos grupos, na súa capacidade de xestión organizativa e técnico-produtiva e eficiencia, a través de módulos específicos de formación adaptados á situación e requirimentos individuais de cada grupo,

-Mellorar a capacidade produtiva dos grupos de mulleres a través de dúas compoñentes principais: mellora da capacidade de rexeneración do produto en espazos naturais usados para a captura de moluscos, e mellora da capacidade de produción mediante cultivo de moluscos en zonas controladas polas mulleres que se adican á recollida de sardiña en estruturas especiais denominadas chiqueros, así como en praias e outros lugares abertos que se seleccionarán ao efecto.

-Xerar mecanismos de gobernanza que combinen os esforzos de sociedade civil (organizacións e mariscadoras) e institucións académicas e normadoras, de cara a iniciar procesos de ordenación marisqueira.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HONDURAS
Zona de actuación: 
Amapala (municipio)
Golfo de Fonseca
Marcovia (municipio)
San Lorenzo (municipio)
Axentes: 
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Contraparte: 

Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF)

Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
31381 - Educación, formación pesqueira
31382 - Investigación pesqueira
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Aumentar a xeración de ingresos e a autonomía económica das mulleres no sur de Honduras.

Obxectivo específico: Mellorar a sustentabilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de 7 grupos de mulleres marisqueiras nos municipios de Amapala, San Lorenzo e Marcovia.

Resultados e actividades: 

RE 1: Mellorada a xestión organizativa e empresarial dos grupos de mulleres na actividade marisqueira.

A.1.1: Desenvolver unha escola de formación organizativa e empresarial con colectivos de mulleres.

A.1.2: Formalizar a actividade dos grupos marisqueiros a nivel legal e empresarial.

A.1.3:. Mellorar a capacidade de comercialización de sardiñas e marisqueo cos grupos de mulleres.

RE2: Ampliada a capacidade produtiva de bivalvos dos grupos de mulleres.

A.2.1: Rehabilitación e manexo de espazos de captura de bivalvos con grupos de mulleres.

A.2.2: Mellora de unidades produtivas para a captura de sardiñas e cultivo de bivalvos.

A.2.3: Desenvolvemento metodolóxico e fortalecemento de capacidades técnicas para a produción de bivalvos.

RE3: Establecidos procesos de gobernanza para o ordenamento da actividade marisqueira.

A.3.1: Dinamización da axenda das mulleres marisqueiras e da súa capacidade de incidencia.

A.3.2: Posta en marcha da ordenación da actividade marisqueira dende unha xestión baseada na gobernanza.

A.3.3: Desenvolver e promocionar un sistema de monitoreo para o ordenamento de actividade marisqueira e protección do territorio.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Homes (97), Mulleres (129), Nenos (130), Nenas (132)

Indirecta: Homes (582), Mulleres (774), Nenos (780), Nenas (792)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 225.000 € (2019: 90.000 €; 2020: 135.000 €)