Novas de Cooperación Galega
16/11/2013
Xeral

III Curso formativo de ferramentas de Compra Pública Responsable. 27 e 28 de Novembro. EGAP

A Compra Pública Responsable implica un exercicio de consumo comprometido desde as administracións públicas nas súas operacións de adquisicións de bens e servizos, tendo en conta criterios éticos, sociais e medioambientais.

Con estas xornadas preténdese achegar á Administración pública galega ferramentas e exemplos de boa prácticas de compra pública responsable na implementación de políticas de contratación acordes con valores de xustiza social e medioambiental; e así mesmo, que as universidades, organizacións sociais e empresas que coñezan estes mecanismos dos que xa se está dotando a administración para garantir os ditos valores.

O curso esta dirixido ao persoal da Administración pública galega (administración autonómica, deputacións e concellos), aos distintos axentes de cooperación e a interesados en xeral.

Inscrición: AMARANTE Setem
Tfno. 986 848 159
central@amarantesetem.org