Novas de Cooperación Galega
05/08/2014
Xeral

Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos e de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación publicada no DOG núm. 102 de 30 maio de 2014

O período de execución destes proxectos é de un ano, o 2014, e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 1.680.000 €.

O número de solicitudes presentadas foron 53 en total: 37 para proxectos de ONGD, 12 para proxectos doutros axentes e 4 para microproxectos de ONGD.

A resolución da convocatoria aproba o financiamento de 25 proxectos: 18 proxectos de ONGD, 6 doutros axentes e 1 microproxecto.