Promoción da soberanía alimentaria, mellorando a calidade de vida de mulleres e homes dos municipios de Jocoaitique e Meanguera, O Salvador.
A acción pretende contribuír ao cumprimento do dereito á alimentación desde unha perspectiva de resiliencia local nos municipios de Jocoaitique e Meanguera, departamento de Morazán, situados nesta rexión, a través da promoción da soberanía alimentaria de forma que se mellore a calidade de vida de mulleres e homes deses municipios. Preténdense conseguir 3 resultados: (1) fortalecer a produción e consumo de alimentos agroecolóxicos, mellorando a dieta alimenticia e autonomía económica nos 2 municipios intervidos; (2) mellorar as capacidades locais para o intercambio e comercialización da produción comunitaria nos 2 municipios de intervención e (3) fomentar relacións máis igualitarias e empáticas entre mulleres e homes das familias produtoras.
Asociación Salvadoreña Promotora de la Salud - ASPS
Xeral: Contribuír ao cumprimento do dereito á alimentación desde unha perspectiva de resiliencia local en 2 municipios do norte do departamento de Morazán, situados no Corredor Seco Centroamericano
Específico: Promoción da soberanía alimentaria, mellorando a calidade de vida de mulleres e homes dos municipios de Jocoaitique e Meanguera, O Salvador
RE 1. Fortalecida a produción e consumo de alimentos agroecolóxicos, mellorando a dieta alimenticia e autonomía económica nos 2 municipios intervidos.
R1.A1 Capacitación en conceptos básicos sobre agroecoloxía a 56 familias.
R1.A2 Desenvolvemento de 40 hortos familiares de produción ecolóxica e diversificada.
R1.A3 Establecemento de 16 módulos familiares de aves de dobre propósito, con manexo adecuado de refugallos e aproveitamento de recursos locais dispoñibles.
R1.A4 Intercambio de experiencias e boas prácticas con outras iniciativas produtivas da zona.
R1.A5 Formación e sensibilización sobre alimentación saudable, visibilizando aos homes nas tarefas do coidado.
R1.A6 Establecemento de 1 banco local de sementes e material vexetativo.
RE 2. Melloradas as capacidades locais para o intercambio e comercialización da produción comunitaria nos 2 municipios de intervención
R2.A1 Capacitación no procesamento da produción obtida (xeleas, marmeladas, encurtidos, conservas).
R2.A2 Curso de alfabetización económica a produtores e produtoras.
R2.A3 Coñecemento de experiencias de comercialización e financiamento alternativo.
R2.A4 Promoción da produción local diversificada para un consumo suficiente, seguro e nutritivo.
R2.A5 Construción participativa dun modelo de produción e comercialización local adecuado ás características territoriais, económicas e sociais dos municipios.
RE 3. Fomentadas relacións máis igualitarias e empáticas entre mulleres e homes das familias produtoras.
R3.A1 Desenvolvemento de xornadas de autoestima e empoderamento con mulleres produtoras e familiares.
R3.A2 Xornadas lúdicas con homes para a reflexión e sensibilización sobre a equidade e a súa contribución á igualdade de dereitos.
R3.A3 Xornadas de autocuidado dirixidas a mulleres produtoras.
R3.A4 Celebración de encontros mixtos comunitarios entre mulleres e homes sensibilizados.
Directa: 492 (208 homes; 284 mulleres)
Indirecta: 10.695 (5.137 homes; 5.558 mulleres)
Axuda Xunta de Galicia: 185.000€ (74.000€ en 2023 e 111.000€ en 2024)