Proxectos

Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para representar e fortalecer ás ONGD galegas, con especial énfase nas máis pequenas.

O proxecto ten como obxectivo mellorar as capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para representar e fortalecer ás ONGD galegas, con especial énfase nas máis pequenas. Neste sentido, preténdese xerar condicións para que a Coordinadora sexa capaz de capacitar, actualizar, informar e asesorar ás ONGD socias, particularmente ás ONGD máis pequenas.  Mentres mantén a súa capacidade de representar os obxectivos de promoción da coherencia de políticas e mellora do sistema de cooperación das ONGD socias a través da comunicación externa e da incidencia política cos titulares de obrigas, as administracións públicas. Para poder manter esta capacidade de representar ao sector precisamos, ademais, consolidar a capacidade aglutinadora da Coordinadora, co mantemento do número de socias, e a súa capacidade de xerar acordos internos, mediante o traballo nos distintos órganos establecidos estatutariamente.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
COORDINADORA GALEGA DE ONGD
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír a mellorar o sector galego de cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD para o Desenvolvemento

Obxectivo específico: Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para representar e fortalecer ás ONGD galegas, con especial énfase nas máis pequenas.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Consolidada a capacidade da Coordinadora para agrupar e actualizar ás ONGD galegas

            A.1.1.1: Informar e asesorar aos órganos de traballo e impulsar o seu traballo en rede ao interno (Asemblea Xeral, Xunta Directiva, Comisións de Traballo, grupos territoriais, grupos “ad hoc”, etc)

            A.1.1.2: Poñer en marcha un espazo de reflexión sobre novos enfoques da cooperación, particularmente a cooperación con enfoque feminista e participar doutros espazos enfocados a actualizar e mellorar a orientación estratéxica e as capacidades das ONGD.

            A.1.1.3: Apoiar e promover a participación das ONGD socias e da equipo técnico e Xunta Directiva en formacións organizadas pola Coordinadora Estatal de ONGD e/ou outras entidades formadoras de recoñecido prestixio adaptadas as súas funcións

            A.1.1.4: Achegarnos ás ONGD galegas non socias.

RE 1.2: Aumentada a capacidade da Coordinadora para fortalecer ás ONGD socias máis débiles

            A.1.2.1: Identificar necesidades das ONGD pequenas e débiles e crear un grupo de traballo específico composto por estas.

            A.1.2.2: Xerar canles de apoio permanente para as ONGD socias pequenas e/ou débiles.

RE 1.3: Consolidada a capacidade da Coordinadora para promover os obxectivos compartidos de transformación social e defensa da política pública de cooperación das ONGD socias

            A.1.3.1: Poñer en marcha accións de comunicación externa a través de relación con medios de comunicación, da actualización da web e redes sociais e a posta en marcha de campañas específicas e produtos de comunicación, etc.

            A.1.3.2: Apoiar e poñer en marcha actividades de incidencia social vinculadas con Premio Galego de Educación para a Cidadanía global e outras eidos de interese específicos vinculadas cos obxectivos das ONGD socias

            A.1.3.3: Manter reunións e traballar en rede con outras entidades da sociedade civil estratéxicas para os obxectivos das ONGD socias e a política galega de cooperación ao desenvolvemento (colectivos ecoloxistas, feministas, outras ONGD, redes de ONGD, etc) así como promover a pertenza e participación en plataformas de interese, como a Coordinadora Estatal de ONGD.

            A.1.3.4: Facer incidencia política en representantes públicos e administracións a nivel local e autonómico para a mellora da política pública de cooperación

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 100.000 €