Garantindo o dereito á educación, en especial das nenas, na Franxa de Gaza.
Este proxecto é unha continuación das accións que ven realizando UNRWA en Gaza no ámbito da educación con apoio da Xunta de Galicia desde o ano 2021. Neste caso apóiase a escola Jeddah Elementary School, en Rafah. UNRWA pretende garantir o dereito á educación dos menores co seu programa de Educación en Emerxencias (EiE), coidando e protexendo as escolas mediante un apoio que se mostrou indispensable para que sexan lugares seguros e beneficiosos para todos os nenos, e especialmente as nenas, refuxiadas de Palestina. Un dos obxectivos fundamentais do Programa de EiE é que as escolas de UNRWA se convirtan en espazos seguros, para os nenos e nenas se sentan protexidos/as, ademais de recibir os coñecementos requiridos no currículum nacional.
Axencia de Nacións Unidas para a poboación refuxiada de Palestina en Oriente Medio (UNRWA)
Xeral: Garantir o dereito á educación da poboación infantil palestina refuxiada na Franxa de Gaza en contexto de emerxencia.
Específico: Aumentar a capacidade do sistema educativo de UNRWA para prestar servizos educativos de calidade na Franxa de Gaza especialmente para as nenas.
RE 1.1. Manter o persoal docente clave para garantir o acceso aos servizos educativos na Franxa de Gaza afectada polo actual contexto de emerxencia especialmente das nenas.
A.1.1.1 Identificación da poboación beneficiaria
A.1.1.2 Selección e contratación do persoal.
A.1.1.3 Planificación e impartición de clases durante o curso académico.
A.1.1.4 Avaliación e seguimento do alumnado e profesorado.
A.1.1.5 Seguimento do proxecto.
Directa: 1.010 estudantes, das que 770 serán nenas.
Axuda Xunta de Galicia: 50.000 €