
Achégase nota de prensa da ONG Mestura con motivo da celebración do 20 aniversario da entidade. Dúas décadas traballando pola inclusión social, orientando, informando e acompañando as persoas migrantes na Área Metropolitana da Coruña, a Mancomunidade de Ordes e a Comarca de Betanzos. A inserción sociolaboral, a mediación intercultural e a sensibilización polo feito migratorio e a igualdade de xénero son os eixes desta organización que pon o foco na capacitación de mulleres e mocidade, contribuíndo á xustiza social, sustentabilidade ambiental, respecto pola diversidade e voluntariado.
Documentos