Novas de Cooperación Galega
21/06/2024
Convocatorias

Publicación da listaxe provisional dos méritos das persoas candidatas ás bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

En cumprimento do disposto na base décima, apartados primeiro e segundo, da Orde do 29 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (DOG do 10.05.2024), unha vez avaliados os méritos das persoas solicitantes, dáse publicidade á listaxe provisional ordenada polas puntuacións outorgadas e ábrese un prazo de cinco días hábiles para presentar reclamacións e realizar consultas sobre ela.