Outras novas
18/08/2024

UNICEF Comité Galicia proporciona subministracións para a atención médica en Gaza co apoio da Xunta de Galicia

  • Hospitais, centros de atención fixos ou móbiles e outros lugares de refuxio recibirán subministracións sanitarias de emerxencia para atender as necesidades urxentes dos nenos, nenas e familias 

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2024 – A Xunta de Galicia, no marco do convenio asinado con UNICEF España o pasado 15 de xullo para atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes e crises humanitarias, está a colaborar con UNICEF Comité Galicia para reforzar a atención médica esencial que necesitan os nenos, as nenas e familias afectados pola violencia na Franxa de Gaza.

Neste sentido, estarase a prestar apoio para contribuír ao cumprimento do dereito á supervivencia da infancia mediante a adquisición e distribución de subministracións sanitarias nos hospitais e centros de saúde, centros de atención fixos e móbiles, refuxios habilitados e zonas onde se atopa a poboación desprazada.