Resolución da Convocatoria de Subvencións para Proxectos de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global a executar polas ONGD, Publicada no DOG do 27 de xuño de 2024
No DOG núm. 124, do 27 de xuño de 2024, foi publicada a ORDE do 14 de xuño de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executen as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR804A).
O obxecto desta convocatoria é o de establecer o marco normativo que regula a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Xunta de Galicia para a execución de proxectos de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global por parte das Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento (ONGD), dentro das catro dimensións que forman parte da educación para o desenvolvemento:
a) Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.
b) Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.
c) Investigación sobre o desenvolvemento.
d) Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.
Ao amparo desta convocatoria fináncianse proxectos bianuais con período de execución do 1 de xaneiro de 2024 ao 30 de decembro de 2025. A dotación orzamentaria é de 600.000 euros e o monto da subvención por proxecto é de 35.000,00 euros, para proxectos individuais e 45.000,00 euros, para proxectos agrupados. No caso de seren anuais, os importes se reducen a 25.000,00 os individuais e 35.000,00 os anuais en agrupación.
No marco desta convocatoria presentáronse 25 propostas, das que 22 pasaron á fase de valoración por cumprir cos requisitos establecidos.
Unha vez avaliadas tecnicamente todas as propostas presentadas resultan aprobados 17 proxectos, (3 dos cales son en agrupación con outras ONGD ou con universidades).