Hackers Sen Fronteiras. Tecnoloxías para o ben común e os Dereitos Humanos no ensino secundario de Galicia, fase 2
Con este proxecto quérese impulsar o concepto de tecnoloxía para o ben común na docencia da comunidade educativa do ensino secundario galego de base tecnolóxica. O concepto de “Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano” (ou para o ben común e a emancipación, como vaise denominándoo ultimamente), parte de cuestionar o uso histórico da tecnoloxía e apostar por unha tecnoloxía participativa e non excluínte que permita lograr a equidade e a xustiza social cun enfoque de ben común. Esta ferramenta comprende os coñecementos, mecanismos e estratexias que fan que certas solucións técnicas potencien a calidade de vida das persoas de xeito inclusivo. Para isto é necesario entender a tecnoloxía non coma un fin en si mesmo, senón coma un medio, e dentro dun contexto social, económico e cultural. Para conseguir este obxectivo, o proxecto presentado pretende dar continuidade e abordar a segunda fase traballando nos 3 mesmos centros que na fase inicial, pero agora incluíndo os Ciclos de FP dos centros de Mondoñedo e Curtis e incorporando o IES: Primeiro de Marzo de Baiona.
Xeral: Contribuír a que a ciencia e a tecnoloxía ao servizo do ben común e dos dereitos humanos permita mellorar o desempeño do ensino secundario como base para pechar a fenda de xénero ao alumnado como cidadás e futuras profesionais tecnolóxicas e corresponsabilizalas na solución aos problemas de desigualdade e insustentabilidade.
Específico: Promovida a tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos no ensino secundario en Galicia
RE 1.1: Profesorado conta con material didáctico e coñecementos sobre tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos.
A.1.1.1: Apoio didáctico a persoal docente de ensino secundario (incluindo FP).
A.1.1.2: Deseño e testeo dun curso para profesorado e dinamizadoras da base social de ESF sobre Introdución á tecnoloxía para o ben común nas aulas.
A.1.1.3: Experiencia internacional de voluntariado en cooperación para docentes no Programa de Coñecemento da Realidade de ESF.
RE 1.2: Alumnado formado e implicado en iniciativas de tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos.
A.1.2.1: Ciclo de faladoiros para alumnado.
A.1.2.2: Comando hackers sen fronteiras.
A.1.2.3: Programa piloto de mentoría de mulleres tecnólogas.
RE 1.3: Fortalecida unha rede galega de promoción da tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos no ensino secundario.
A.1.3.1: Encontro de intercambio de experiencias e fortalecemento de rede de profesorado.
A.1.3.2: Rede de alumnas pola tecnoloxía para o ben común.
A.1.3.3: Premio “Hackers Sen Fronteiras”.
A.1.3.4: Investigación “presenza das empresas no ensino secundario”.
Directa: 410 (2 homes; 8 mulleres; 200 nenos; 200 nenas)
Indirecta: 3.000 (1.000 homes; 1.000 mulleres; 500 nenos; 500 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
35.000 € (14.000 € en 2024 e 21.000 € en 2025)