Proxectos

Tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos nos ámbitos profesionais tecnolóxicos de Galicia, fase 1

Este proxecto busca impulsar boas prácticas de educación para a cidadanía global e os Dereitos Humanos no ámbito da enxeñería e a tecnoloxía, para que entidades destes sectores poidan ser motor de cambio social nun sistema onde as persoas estean no centro. A primeira fase desta intervención busca, por unha banda, visibilizar novas posibilidades de facer unha enxeñería mellor no eido profesional, salientando nos Dereitos Humanos e a Axenda 2030, entre outros. Contando como axentes multiplicadores con colexios profesionais da enxeñería, organizacións empresariais de segundo nivel e a Administración Pública nos departamentos de eido máis técnico. E pola outra, involucrar persoas do campo profesional tecnolóxico e da enxeñería en experiencias de voluntariado en tecnoloxía para o ben común transformadoras e implicar ao estudantado das universidades.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a que a tecnoloxía ao servizo do ben común, os dereitos humanos e a cidadanía global permita mellorar o desempeño dende os sectores profesionais como parte da solución aos desafíos da desigualdade e insostibilidade.

Específico: Aumentada a implicación coa tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos no sector profesional tecnolóxico de Galicia

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Institucións do sector profesional tecnolóxico e da enxeñería (empresas, colexios profesionais, organizacións empresariais e AAPP técnicas) aumentan o coñecemento sobre tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos e como aplicala no seu día a día

A.1.1.1 Doce faladoiros dirixidos a profesionais de empresas tecnolóxicas, colexios profesionais de enxeñería e organizacións empresariais ou da economía social relacionada coa tecnoloxía.

A.1.1.2 Levantamento de liña de base sobre o grao de coñecemento e integración da Tecnoloxía para o Ben Común no eido profesional tecnolóxico privado en Galicia.

A.1.1.3 Encontro Tecnoloxía e enxeñería para o Ben Común no eido profesional privado.

A.1.1.4 Premio “Tecnoloxía con dereitos”.

RE 1.2 Involucradas profesionais das entidades profesionais tecnolóxicas como axentes transformadores a través da tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos

A.1.2.1 Experiencia de voluntariado internacional en cooperación para profesionais tecnolóxicos.

A.1.2.2 Realización de tres estudos colaborativos con persoas voluntarias de empresas ou entidades da economía social que involucren algún tema de tecnoloxía para o ben común.

A.1.2.3 Programa de apoio “Enxeñería e tecnoloxía para a defensa do territorio con enfoque de cidadanía global”.

A.1.2.4 Bancos de reciclaxe electrónica con software libre.

A.1.2.5 Participación en encontro de profesionais activistas da tecnoloxía para o ben común de rede estatal Enxenería Sen Fronteiras Galicia

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.576 (788 homes; 788 mulleres)

Indirecta: 3.000 (1.500 homes; 1.500 mulleres)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

35.000 € (14.000 € en 2024 e 21.000 € en 2025)