Agra: un barrio de coidados. Fortalecidas capacidades para a defensa do Dereito ao Hábitat, no marco da axenda 2030-ODS, desde a participación social comunitaria e a perspectiva interseccional. Fase 2
O proxecto busca fortalecer as capacidades dunha comunidade-barrio e de actores multiplicadores chave para identificar as vulneracións do dereito ao hábitat que viven, así como para fortalecer as capacidades e ferramentas para a defensa do mesmo. Este proxecto continúa a nova etapa do traballo de ASF Galicia no eido educativo iniciada no ano 2023, que ampliou o seu campo de acción á escala do barrio e a comunidade. O deseño do proxecto incorpora unha perspectiva interseccional e de participación comunitaria, tendo en conta a importante diversidade e complexidade da poboación do contexto da intervención: o barrio coruñés da Agra do Orzán. A proposta pretende poñer en práctica e fortalecer capacidades críticas, poñer en valor as fortalezas do barrio desde a perspectiva dos coidado, tecer redes que fortalezan a convivencia intercultural e espallar coñecemento para que a poboación sexa capaz de analizar a súa contorna achegándose e apropiándose da axenda 2030 e os ODS.
Xeral: Reforzada unha conciencia crítica da cidadanía global na loita contra a iniquidades sociais e na defensa do dereito a un hábitat digno e coidador nun contexto de crise sistémica.
Específico: Fortalecidas as capacidades (coñecementos, habilidades, actitudes) e redes de intercambio para a defensa do Dereito ao Hábitat no marco da axenda 2030, da veciñanza do barrio da Agra do Orzán (A Coruña) e axentes multiplicadores, desde a participación social comunitaria e a perspectiva norte e sur globais (perspectiva glocal).
RE 1.1: Formados (coñecementos) na defensa do dereito ao hábitat no marco da axenda 2030 con enfoque ecofeminista e interseccional axentes clave polo seu potencial multiplicador e titulares de responsabilidades da educación formal, non formal, intervención e participación sociocomunitaria.
A.1.1.1: Obradoiro “Das aulas ao barrio: Dereito ao hábitat, urbanismo ecofeminismo e barrios e coidados”.
A.1.1.2: Curso de formación Dereito ao hábitat, enfoque ecosocial e urbanismo ecofeminista UDC.
A.1.1.3: Obradoiros Transformando _ Ffotoeduca: “Os coidados no barrio da Agra a través da fotografía participativa”.
RE 1.2: Desenvoltas habilidades e actitudes para a defensa do dereito ao hábitat desde un enfoque ecofeminista na veciñanza da Agra do Orzán (titulares de dereitos: alumnado, docentes e equipo directivo do CEIP Raquel Camacho e do IES Agra 1) e axentes clave (titulares de responsabilidades: alumnado e docentes do MOPS) involucrados en procesos de IAP.
A.1.2.1: Proceso de IAP no CEIP Raquel Camacho: "Un cole que xoga para un barrio que coida".
A.1.2.2: Obradoiros “Do mapeo a acción: obradoiros de participación para a transformación social no IES Agra do Orzán”.
A.1.2.3: Proceso IAP cartografía “AGRA: un barrio de coidados” no primeiro curso do MOPS.
A.1.2.4: Diagnose participativa interseccional do barrio da AGRA no 2º curso do MOPS.
A.1.2.5: Cartografías itinerantes coa veciñanza da Agra.
RE 1.3: Xerados materiais de sensibilización, divulgación, espazos de intercambio e xeración de redes para a defensa do dereito ao hábitat con outros contextos vulnerabilizados do norte e o sur global a disposición da veciñanza do barrio da Agra (titulares de dereitos) e axentes multiplicadores clave.
A.1.3.1: Deseño e materialización de propostas e formatos de devolución e divulgación dos resultados derivados de actividades do R2.
A.1.3.2: Deseño e organización Xornada final: devolución e diálogo na comunidade.
A.1.3.3: Creación de ferramentas de comunicación: Deseño gráfico para materiais do proxecto, mellora web e vídeo resumo da Fase 2.
A.1.3.4: X Seminario Hábitat a Escala Humana (HaEH) “De norte a Sur: barrios de coidados”.
RE 1.4: Fortalecida a capacidade de ASF para a xestión axeitada con formación, ferramentas e procesos de seguimento e avaliación.
A.1.4.1: Avaliación externa.
A.1.4.2: Formación interna equipo ASF.
A.1.4.3: Realización da coordinación e seguimento continuado e participativo do proxecto.
Directa: 757 (81 homes; 125 mulleres; 266 nenos; 285 nenas)
Indirecta: 8.250 (3.230 homes; 3.320 mulleres; 800 nenos; 900 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
45.000,00 € (18.000,00 € en 2024 e 27.000,00 € en 2025)