O Movemento Social do Comercio Xusto como exercicio de Cidadanía Global: unha contribución á consecución da Axenda 2030 dende Galicia (III)
Esta intervención constitúe a terceira fase do proxecto para fortalecer as capacidades do Movemento Social do Comercio Xusto, dando continuidade á labor das convocatorias de 2020 e 2022. O proxecto pon en valor e enfócase na dimensión transformadora do Comercio Xusto, apoiándose na súa perspectiva multidimensional (dimensión económica, social, ambiental e política), multinivel (participación local, nacional, rexional e global) e multi-stakeholders (organizacións produtoras, exportadoras, importadoras, organizacións da sociedade civil, tendas especializadas, autoridades públicas e consumidores/as). A intervención se enmarca nas dimensións de investigación, sensibilización, incidencia política e participación social da ECG, mediante as que promoveremos unha cidadanía global crítica, responsable, activa e participativa na construción dunha nova sociedade, tanto no Norte coma no Sur, comprometida coa solidariedade, a corresponsabilidade, a interdependencia e o desenvolvemento humano e sostible a través do comercio xusto. Para conseguilo se plantexan tres resultados: mellorar o coñecemento dos principais actores do Comercio Xusto sobre este Movemento Social, sensibilizar á poboación xeral, a comunidade educativa e as/os representantes políticas/os de cinco concellos rurais sobre o Consumo Responsable, o Comercio Xusto e os ODS e amplificar a difusión e promoción do Comercio Xusto.
Xeral: Contribuír a garantir o acceso á información e aos coñecementos de calidade sobre o comercio xusto e o consumo responsable para a practica do desenvolvemento sostible e os estilos de vida en harmonía coa natureza.
Específico: Fortalecidas as capacidades do movementos social do comercio xusto como estratexia para a contribución á axenda 2030 desde Galicia
RE 1.1 Mellorado o coñecemento dos principais actores do comercio xusto sobre este movemento social mediante accións de investigación-acción, traballo en rede e coñecemento mutuo.
A.1.1.1 Revisión e actualización da liña de base do proxecto
A.1.1.2 Realizar un estudo colaborativo do impacto social dos produtos de comercio xusto que comercializamos dende as tendas de SIG.
A.1.1.3 Realizar unha avaliación externa final con enfoque de xénero e especial atención á replicabilidade e leccións aprendidas.
RE 1.2 Sensibilizada a poboación xeral, a comunidade educativa e os representantes políticos de 5 concellos galegos sobre o comercio xusto, o consumo responsable e os ODS a través da implementación de actividades de rúa como estratexia de concienciación social.
A.1.2.1 Selección e coordinación dos 5 concellos participantes.
A.1.2.2 Realización de 5 feiras de mostras “Aquí e acolá o xusto” como accións de sensibilización social dirixidas á poboación xeral, aos centros educativos e aos representantes políticos.
A.1.2.3 Representación de 5 obras teatrais “Vaia tea” como accións de sensibilización social dirixidas á poboación xeral, aos centros educativos e aos representantes políticos.
A.1.2.4 Realización de 5 cine-coloquios sobre a curta documental “Os pousos do café”, coa presencia das súas protagonistas, como accións de sensibilización social dirixidas á poboación xeral, aos centros educativos e os representantes políticos.
A.1.2.5 Realización de 5 encontros entre persoal de organizacións produtoras de comercio xusto e representantes políticos dos concellos galegos como accións de sensibilización social, coñecemento e recoñecemento mutuo.
RE 1.3 Difundindo e provendo o comercio xusto entre a sociedade galega, a clientela e as empresas a través das redes sociais, os medios tradicionais e as tendas de SIG.
A.1.3.1 Desenvolver unha campaña de comunicación para a difusión integral do proxecto a través de RRSS e medios tradicionais.
A.1.3.2 Participar en 5 feiras da economía social e solidaria.
A.1.3.3 Promover o comercio xusto en 3 empresas galegas no marco das súas áreas de responsabilidade social e corporativa.
A.1.3.4 Deseñar e implementar 1 acción de tipo creativo ou artístico para a promoción do comercio xusto entre a clientela das 3 tendas de SIG que beba dos resultados da investigación de impacto realizada
Directa: 10.702 (2.796 homes; 7.806 mulleres; 51 nenos; 49 nenas)
Indirecta: 21.404 (8.562 homes; 12.842 mulleres)
Axuda Xunta de Galicia:
7.471,74 € (2.988,70 € en 2024 e 4.483,04 € en 2025)