
- A intervención a prol da saúde sexual e reprodutiva no municipio de Usulután canalizouse a través da ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz.
- O documental ‘En deuda con todas’ proxéctase estes días en Bergondo, Xove, Poio, Guitiriz, Barreiros, San Sadurniño, Viveiro e Carballo.
Pontevedra, 21 de novembro de 2024. Os concellos galegos están a desenvolver diversas actividades con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se conmemora o 25 de novembro, e oito deles contan coa proxección do documental ‘En deuda con todas’. Trátase dunha sesión de cinefórum apoiada pola Xunta de Galicia e vinculada ao proxecto a prol dos dereitos sexuais e reprodutivos que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade financiou á ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) en El Salvador. O filme pódese ver estes días en Bergondo, Xove, Poio, Guitiriz, Barreiros, San Sadurniño, Viveiro e Carballo.
|
DATA |
CONCELLO |
LUGAR |
HORA |
|
08/11 |
Bergondo |
Auditorio |
19:00 h |
|
21/11 |
Xove |
Aula de Formación |
20:30 h |
|
22/11 |
Poio |
Casal de Ferreirós |
19:00 h |
|
23/11 |
Guitiriz |
Casa Habanera |
17:00 h |
|
24/11 |
Barreiros |
Centro Social de San Cosme |
18:00 h |
|
29/11 |
San Sadurniño |
Casa da Cultura |
19:00 h |
|
02/02 |
Viveiro |
- |
- |
|
12/02 |
Carballo |
Biblioteca |
- |