Contribuír ao empoderamento integral feminista de mulleres e das Redes contra a Violencia de Xénero nos municipios de El Triunfo, Concepción de María e Santa Ana de Yusguare (Departamento de Choluteca, Honduras
O proxecto enmárcase no traballo estratéxico de ACPP e CDM para contribuír ao exercicio pleno do dereito das mulleres a unha Vida Libre de Violencias a través dun enfoque multidimensional da desigualdade que se abordará garantindo o empoderamento individual e colectivo das mulleres e as súas organizacións, apoiándose nas Redes Municipais contra a Violencia. Impulsarase unha Escola de Liderazgo Asertivo para fortalecer as súas capacidades como lideresas e reforzando o traballo na resposta, protección e sanación de mulleres vítimas ou sobreviventes de Violencia de Xénero. Tamén se asegurará que reduzan as estratexias de afrontamento de medios de vida coa posta en marcha de hortos de produción agroecolóxica, formando a 15 mulleres que máis tarde farán de promotoras con outras mulleres. Ademais, fomentarase a súa autonomía económica traballando con nove iniciativas económicas (IE) de mulleres para aumentar a rendibilidade dos seus emprendementos. E promoverase o traballo articulado con TdD e TdR para asegurar políticas públicas que incorporen as demandas das mulleres formando a 18 persoas en funcións VBG, asegurando a asunción de como mínimo de tres propostas nas políticas municipais e garantir a participación en espazos consultivos especialmente na materia de seguridade alimentaria e nutricional.
Centro de Derechos de la Mujer (CDM)
Xeral: Asegurar a participación plena e efectiva das mulleres, así como, a igualdade de oportunidades a todos os niveis decisorios na vida social, política e económica en El Triunfo, Concepción de María e Santa Ana de Yusguare, Departamento de Choluteca, Honduras.
RE 1.1 Implementado un plan de seguimento e avaliación do proxecto.
A.1.1.1 Conformación dos comités de dirección e seguimento (mes 1).
A.1.1.2 Elaboración de liña de base (meses 1 ao 4).
A.1.1.3 Reunións con TdD, TdR e TdO (meses 1 e 15).
A.1.1.4 Implementación do plan de seguimento (mes 1 ao 15).
RE 1.2 Fortalecer as capacidades municipais e comunitarias para a defensa dos dereitos das mulleres, con especial atención á protección e atención ás violencias baseadas en xénero.
A.1.2.1 Escola de liderados asertivos (mes 2 ao 5).
A.1.2.2 Elaboración ou actualización e seguimento de instrumentos de planificación interna das redes municipais de mulleres (mes 4 ao 15).
A.1.2.3 Conformación, posta en marcha e acompañamento a grupos de autoaxuda (mes 4 ao 15).
A.1.2.4 Servizos de atención legal e psicolóxica (mes 7 ao 15).
RE 1.3 Mellorar as capacidades e recursos para a produción agroecolóxica, desde un enfoque de seguridade alimentaria familiar, de mulleres integradas nas redes.
A.1.3.1 Formación sobre produción agroecolóxica adaptada ao cambio climático (mes 3 ao 6).
A.1.3.2 Desenvolvemento de unidades produtivas agroecolóxicas (mes 7 ao 15).
A.1.3.3 Intercambio-sistematización de experiencias en produción agroecolóxica (mes 12 ao 15).
RE 1.4 Aumentar a rendibilidade económica de asociacións comunitarias de mulleres garantindo o acceso, uso e control dos seus recursos produtivos.
A.1.4.1 Fortalecemento da xestión empresarial de Iniciativas Económicas (mes 7 ao 15).
A.1.4.2 Articulación con Titulares de obrigacións con competencias na formación técnica e apoio económico (mes 10 ao 15).
A.1.4.3 Feiras de comercialización local, xusta e ecolóxica de iniciativas económicas de mulleres (mes 13 e 15).
A.1.4.4 Estudo sobre potencialidades de emprendementos alternativos e sostibles para mulleres nos tres municipios (mes 7 ao 15).
RE 1.5 Fortalecer o posicionamento social e político das axendas das redes de mulleres para a promoción e garantía dos seus dereitos.
A.1.5.1 Participación das mulleres en espazos de diálogo e seguimento ás políticas públicas de xénero e SAN (mes 1 ao 15).
A.1.5.2 Formación a corporacións municipais en xénero e VCM (mes 5).
A.1.5.3 Campaña de comunicación e incidencia social sobre dereitos das mulleres (mes 11 ao 15).
A.1.5.4 Conversatorio departamental sobre dereitos económicos das mulleres e desenvolvemento local (mes 14 ao 15)
Directa: 1.257 (296 homes; 961 mulleres)
Indirecta: 49.180 (2.514 homes; 46.666 mulleres)
Axuda Xunta de Galicia:
185.000 € (64.750 € en 2024 e 120.250 € en 2024)