Proxectos

Promoción de dereitos e garantías de protección a persoas en situación de mobilidade humana con énfase en nenos, nenas, adolescentes e mulleres en Dajabón, República Dominicana

Esta proposta ofrece unha resposta humanitaria á poboación en situación de mobilidade humana na fronteira domínico-haitiana de Dajabón, proporcionando asistencia adaptada ao contexto e ás características específicas de cada grupo. A intervención priorizará aos grupos máis vulnerables, con énfase en nenos, nenas, adolescentes e mulleres, dentro do marco dunha estratexia conxunta de protección integral e restitución de dereitos que SCRD e ACPP lideran desde 2022 nos territorios fronteirizos.

A intervención multisectorial beneficiará directamente a 385 persoas titulares de dereitos (o 90% delas nenos, nenas, adolescentes e mulleres) e ás súas contornas máis próximas mediante tres eixos de acción: Asistencia directa para cubrir necesidades básicas, prevención da violencia de xénero e xestión fronteiriza e saúde mental e apoio psicosocial.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Dajabón (provincia)
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Contraparte: 

Fundación para el Desarrollo Comunitario Save the Children Dominicana INC

Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a mitigar o impacto da crise humanitaria que afecta a persoas migrantes de orixe haitiana e/ou descendencia haitiana na República Dominicana.

Específico: Prover apoio psico-social, protección e asistencia humanitaria a persoas haitianas e/ou descendentes, con énfase en nenos, nenas, adolescentes e mulleres na zona fronteiriza de Dajabon

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Mulleres embarazadas e/ou lactantes e as familias de acollida de nenos e nenas separados dos seus pais/nais por deportación/expulsión teñen cubertas as súas necesidades básicas inmediatas mediante transferencias non condicionadas de efectivo.

A.1.1.1 Identificación de poboación beneficiaria (mes 1 a 2).

A.1.1.2 Entrega de CVA (cash and voucher assistance) a poboación beneficiaria (mes 3 a 9).

A.1.1.3 Vixilancia post distribución (mes 8 a 9).

RE 1.2 Nenos, nenas e adolescentes migrantes e/ou descendentes reciben servizos de protección integral e acceden a servizos de reunificación familiar e/o re-establecemento de contacto familia.

A.1.2.1 Implementación de roteiros de protección fronte á violencia para nenos, nenas e adolescentes en articulación co sistema local de protección (mes 1 a 9).

A.1.2.2 Implementación dun modelo fronteirizo de xestión integral de casos para a identificación e apoio loxístico para a reunificación dos menores non acompañados expulsados/deportados en Dajabón (mes 1 a 9).

A.1.2.3 Identificación das familias separadas e restablecemento ou establecemento de contactos e vínculos familiares (mes 1 a 9).

RE 1.3 Nenos, nenas e adolescentes e mulleres migrantes e/ou descendentes teñen acceso a servizos de saúde mental e apoio psicosocial de calidade.

A.1.3.1 Intervencións de apoio psico-social focalizadas en nenos, nenas, adolescentes e mulleres (mes 1 a 9).

A.1.3.2 Sesións grupais de psico educación e actividades socio-relacionales para fortalecer a resiliencia familiar (mes 1 a 9).

Poboación beneficiaria: 

Directa: 385 (145 mulleres; 32 homes; 125 nenas; 83 nenos)

Indirecta: 1.540 (580 mulleres; 130 homes; 498 nenas; 332 nenos)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 75.000 €