Fortalecemento do dereito á saúde da poboación refuxiada Palestina máis vulnerable (especialmente mulleres e nenos/as) mediante o apoio a tres Puntos de Saúde en Cisxordania
O presente proxecto busca apoiar o mantemento durante 12 meses de tres puntos de saúde de Beit Our, Bodrus e Ramadeen. Os dous primeiros no gobernorado de Ramallah, nas áreas de Jericho e Xerusalén e o terceiro no gobernorado de Hebron, en Cisxordania (tPo). Estes puntos están situados en zonas rurais e illadas, sen acceso a servizos sanitarios para prestar atención en saúde primaria á poboación refuxiada de Palestina de zonas nas que Israel exerce o control e non permite o movemento da poboación para recibir os servizos de saúde. Os tres centros sitúanse no área B, baixo control civil da Autoridade Palestina e control militar de Israel. Nestas zonas a poboación sofre o acoso nos checkpoints, para desprazarse aos centros de saúde e necesitan permiso das autoridades de Israel para poder acudir a Xerusalén para ser atendidos nos hospitais.
O proxecto céntrase en prestar atención sanitaria en saúde primaria cun enfoque familiar e en saúde materno infantil, na que se presta atención en planificación familiar, atención a mulleres que queren quedar embarazadas, atención perinatal e atención postnatal a nenos e nenas ata os 12 meses. E, finalmente, atención a persoas con enfermidades crónicas non transmisibles. Ademais disto, un equipo de saúde realiza actividades de prevención e de promoción dun estilo de vida saudable con actividades comunitarias.
UNRWA (Axencia de Nacións Unidas para a poboación refuxiada de Palestina en Oriente próximo)
Xeral: Asegurar o dereito á saúde primaria nas comunidades máis vulnerables á situación de ocupación e violencia en Cisxordania.
Específico: Asegurar a atención primaria de saúde nas comunidades máis vulnerables de Cisxordania con enfoque de xénero.
RE 1.1 Prestados servizos sanitarios primarios integrais e de calidade, en especial nas comunidades máis vulnerables á ocupación en Cisxordania, mediante o establecemento de tres puntos de saúde.
A.1.1.1 Planificación dos puntos de saúde.
A.1.1.2 Desenvolvemento das consultas de atención primaria xeral nos puntos de saúde.
A.1.1.3 Planificación familiar.
A.1.1.4 Coidados perinatais.
A.1.1.5 Coidado integral a menores de 12 meses.
A.1.1.6 Seguimento da intervención.
Directa: 5.706 (2.802 mulleres; 2.904 homes; 768 nenos; 766 nenas)
Indirecta: 9.412 (4.791 mulleres; 4.621 homes; 1.266 nenos; 1.265 nenas)
Axuda Xunta de Galicia: 75.000 €