Asistencia e protección a persoas migrantes na fronteira suroriental de Honduras
Este proxecto busca mellorar a asistencia e protección da poboación migrante na fronteira sur oriental de Honduras a través da atención das necesidades básicas de 3.100 persoas migrantes nos centros Monseñor Guido Charbonneau en Choluteca, Centro de Descanso Temporal Alivio del Sufrimiento en El Paraíso e Centro Casa Rafael, xunto ao punto fronteirizo de La Manos. Preténdese brindar asistencia alimentaria, médica e psicosocial, con especial atención a núcleos familiares, mulleres e nenos/as. Ademais, pretende mellorar as condicións de protección da nenez migrante nos centros Monseñor Guido Charbonneau e Centro de Descanso Temporal Alivio del Sufrimiento, mediante a creación dun espazo seguro no primeiro centro e a atención psicosocial de nenos e nenas no segundo. Tamén se busca promover unha campaña de sensibilización en medios de comunicación e redes sociais orientada ao trato digno ás persoas migrantes que reduza os riscos que enfrontan no seu camiño.
Sur En Acción (SeA)
Fundación Alivio al Sufrimiento (FAS)
Xeral: Garantir o dereito a unha migración e mobilidade segura ás persoas en tránsito no corredor Mesoamericano.
Específico: Reforzada a asistencia e protección a persoas migrantes no seu tránsito pola fronteira suroriental de Honduras
RE 1.1 Asistidas as necesidades básicas de 3.100 persoas migrantes nos centros Casa Rafael, Centro de Descanso Temporal Alivio al Sufrimiento e o Centro de Atención Monseñor Guido Charbonneau
A.1.1.1 Entrega de alimentos a Casa Rafael, Centro de Descanso Temporal Alivio del Sufrimiento e Centro de atención Monseñor Guido Charbonneau.
A.1.1.2 Entrega de medicamentos básicos ao Centro de Descanso Temporal Alivio del Sufrimiento para a atención das persoas migrantes que o requiran.
A.1.1.3 Atención médica por parte do persoal de saúde (medicina e enfermería) das persoas migrantes que o requiran.
A.1.1.4 Entrega de kits de hixiene e kits de dignidade ás persoas migrantes que o requiran.
A.1.1.5 Apoio psicosocial a persoas adultas que o requiran por parte do persoal do Centro de Descanso Temporal Alivio al Sufrimiento e Centro Mons. Guido Charbonneau.
A.1.1.6 Traslado de persoas entre os centros atendidos por FAS.
RE 1.2 Garantida a protección á nenez migrante nos centros de intervención do proxecto. Monseñor Guido Charbonneau e Centro Casa Rafael.
A.1.2.1 Melloramento de infraestruturas de atención Psicosocial a migrantes no Centro atención Guido Charbonneau.
A.1.2.2 Atención psicosocial a nenos e nenas a través accións lúdicas pedagóxicas acompañados polo persoal dos centros Casa Rafael e Centro de Descanso Temporal Alivio al Sufrimiento; como unha forma de entretemento e formación especializada.
RE 1.3 Sensibilizada a poboación da zona de intervención sobre a situación da poboación migrante no país e o seu dereito a un trato digno.
A.1.3.1 Campaña de sensibilización orientada aos dereitos dos migrantes e o trato digno no tránsito polo país.
Directa: 3.100 (806 mulleres; 1.519 homes; 424 nenos; 341 nenas)
Indirecta: 10.000 (5.100 mulleres; 4.900 homes)
Axuda Xunta de Galicia: 74.999,91 €