Proxectos

Proxecto de consolidación do I Plan estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento 2020-2023 e consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable

O convenio establece as bases para a execución do proxecto de Consolidación do I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento 2020-2030 e a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, reforzando as liñas de actuación relacionadas co reforzo da institucionalización do CUD e a localización da Axenda 2030 e dos ODS integrados na RGCUD. Este proxecto fortalece o fomento da visibilidade do CUD na axenda institucional e dos equipos de goberno e dirección das universidades integradas na RGCUD, a consolidación da Formación, Plan e fomento de actividades de voluntariado e a participación social da comunidade universitaria no ámbito da CUD, a Axenda 2030 e os ODS.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
UNIVERSIDADE DE VIGO
Obxectivos: 

Xeral: Consolidación da RGCUD como referente do traballo en materia de cooperación universitaria ao desenvolvemento e especialmente na educación para a cidadanía global, así  como na implementación da Axenda 2030 e os seus ODS nas comunidades universitarias das tres universidades do SUG  que garanta a  coherencia de políticas nas institucións educativas.

Específico: Consolidando o impacto das actividades da RGUCD entre a comunidade Universitaria a través da formación, da mellora na comunicación e do recoñecemento curricular, a través de distintas ferramentas de difusión que favorezan o interese polo traballo en materia CUD.

Resultados e actividades: 

RE 1: As universidades públicas galegas incorporan de maneira transversal os principios, valores e obxectivos do desenvolvemento humano sustentable á gobernanza, planificación e xestión universitaria.

A 1.1: Fomentar a CUD na xenda institucional e dos equipos de goberno e xestión das universidades integradas na RGCUD.

            A.1.1.1: Encontros con servizos, centros universitarios para facilitar a divulgación e medición da súas contribucións aos ODS vinculados á cooperación e educación para o desenvolvemento.

A.1.1.2: Encontros cos equipos de goberno para facilitar a divulgación e medición da súas contribucións aos ODS vinculados á cooperación e educación para o desenvolvemento.

RE 2: As Universidades públicas galegas inclúen na formación da comunidade universitaria as competencias e contidos relacionadas co desenvolvemento sustentable, equitativo e inclusivo necesarios para a construción dunha cidadanía global activa, crítica e comprometida coa transformación social positiva.

A 2.1: Deseñar e executar un plan integral, harmonizado e integrado de formación sobre CUD, Axenda 2023 e ODS dirixido á comunidade universitaria.

A.2.1.1: Realización de cursos de formación en cooperación e educación ao desenvolvemento orientados á comunidade universitaria.

A 2.1.2: Realización de obradoiro de cooperación e educación para o desenvolvemento centrados na CUD nos ODS da Axenda 2023.

A 2.1.3: Ofertar formacións e incentivos para fomentar a investigación e a realización do TFG/TFM en materia de CUD, Axenda 2023 e ODS.

A 2.2: Consolidar o sistema de incentivos para a integración da CUD, Axenda 2030 e ODS nos plans de estudo e nos procesos de docencia e aprendizaxe universitaria.

A.2.2.1: Actividades de fomento da CUD e da Axenda 2030 no eido da docencia (Educación para o Desenvolvemento, impulso da ApS, cursos docencia Axenda 2030).

A 2.3: Impulsar as actividades de voluntariado e participación social da comunidade universitaria no eido da CUD, Axenda 2030 e ODS.

A.2.3.1: Fomentar grupos de voluntariado en educación para o desenvolvemento, e sensibilización así como en comunicación sensibilización no marco da Axenda 2030 e ODS.

A.2.3.2:  Realización de xornadas de difusión sobre o voluntariado en EPD en cada unha das universidades no neido da CUD, Axenda 2030 e ODS.

RE 3: As universidades públicas galegas promoven a xeración e transferencia de coñecemento ao servizo do desenvolvemento sustentable e da visión, retos e  desafíos da Axenda 2030 en todas as súas esferas (persoas, prosperidade, planeta, paz e alianzas).

A 3.1: Promover a sensibilización coa CUD, Axenda 2030 e ODS entre a comunidade universitaria.

A.3.1.1: Realización dunha estratexia de difusión da RGCUD aliñada coa CUD.

A 3.2: Promover a consolidación dunha comunidade epistémica interuniversitaria no eido da CUD, Axenda 2030 e ODS.

A.3.2.1: Realización dunha análise de documentos normativos, vinculados ao eido universitario no recoñecemento formal de accións universitarias vinculadas á CUD.

A.3.2.2: Revisión de boas prácticas doutras universidades no recoñecemento formal das accións universitarias de desenvolvemento.

A.3.2.3: Realizarase unha proposta de intervención que permita iniciar un recoñecemento formal da comunidade universitaria vinculada a accións de desenvolvemento.

RE 4:  A RGCUD fortalece a súa capacidade institucional.

A 4.1: Consolidar a cultura de cooperación e coordinación na RGCUD a través de espazos e dinámicas estables de diálogo, planificación e coordinación e a posta en valor das capacidades e talentos específicos de cada Universidade.

A.4.1.1:  Reunións da comisión de seguimento.

A 4.2: Fomentar  a construción de alianzas de traballo estables con outras Universidades e actores (administracións públicas, ONG, sector privado, sindicatos, etc) no eido da CUD, Axenda 2030 e ODS.

A.4.2.1: Realización da xornada X aniversario da RGCUD para o fomento das alianzas e actividades de colaboración entre universidade, terceiro sector e sector privado.

A.4.2.2: Realización de reunións e promoción de actividades conxuntas con ONG, outras universidades e actores, encamiñadas a construír alianzas de traballo estables.

A.4.2.3: Realización de un estudo sobre os 10 anos e traballo da RGCUD en Galicia.

RE 5: A comunidade universitaria e a cidadanía galega acceden a información de calidade sobre os logros colectivos no eido da CUD e da consecución dos ODS por parte das Universidades públicas galegas.

A 5.1: Facilitar o acceso público á información sobre CUD e a realización e localización da Axenda 2030 nas Universidades integradas RGCUD.

A.5.1.1: Actualización periódica da web da RGCUD.

A 5.2: Reforzar a identificación e facer visibles as iniciativas e proxecctos da comunidade universitaria no eido da CUD, Axenda 2030 e ODS.

A.5.2.1: Actualización dos rexistros de CUD das universidades do SUG así como da RGCUD.

A 5.3: Difundir a comunidade e á cidadanía o traballo e logros colectivos da RGCUD.

A.5.3.1: Publicación nas páxinas web e redes sociais das Universidades das actividades realizadas pola RGCUD.

A.5.3.2: Realización de actos públicos para difundir ás actividades programadas durante o bienio de execución de convenio.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

80.000 € (40.000 € en 2024 e 40.000 € en 2025)