Proxectos

Mellora do benestar psicosocial da poboación infantil e xuvenil desprazada nos refuxios de UNRWA tras a escalada de violencia iniciada en outubro 2023 na Franxa de Gaza

O proxecto pretende dar apoio psicosocial ás nenas e nenos e mozos en idade escolar, que en moitos casos perderon os seus fogares, as súas familias e os seus medios de subsistencia debido á guerra en Gaza. A intervención busca dar apoio psicosocial como resposta inmediata ao trauma en espazos seguros, mentres se asegura unha preparación adecuada para a transición á educación unha vez que a situación o permita. O proxecto conta co apoio de apoio de 11 terapeutas durante 3 meses, tendo cada terapeuta ao seu cargo aproximadamente a 150 menores.

UNRWA utilizará o seu enfoque inclusivo de apoio psicosocial para o benestar dos estudantes e a súa orientación a través de asesoramento individual, sesións de grupo e actividades recreativas. Organizaranse actividades estruturadas para menores (recreativas, asesoramento, arteterapia) para proporcionar apoio psicosocial aos estudantes e ao persoal educativo.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Asia
País: 
TERRITORIOS PALESTINOS
Zona de actuación: 
Franxa de Gaza
Axentes: 
UNRWA
Contraparte: 

UNRWA

Obxectivos: 

Xeral: Garantir o dereito á educación e á saúde mental da poboación que se atopan nos refuxios de UNRWA na Franxa de Gaza.

Específico: Asegurar o acceso dos menores e mozos en idade escolar que se atopan nos refuxios de UNRWA na Franxa de Gaza a unha contorna segura e de protección

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Promovido o apoio psicosocial e actividades recreativas para os menores e mozos en idade escolar que se atopan nos refuxios de UNRWA e mellorado o seu benestar durante o conflito.

A.1.1.1 Realización dunha avaliación rápida, mapeo e identificación de espazos.

A.1.1.2 Establecer un "Comité de Educación”, elaborar un plan de actividades e actividades de apoio ao persoal educativo.

A.1.1.3 Implementación das actividades recreativas estruturadas, impartición de sesións formativas de seguridade amigables para nenos e nenas e sesións de sensibilización para pais e nais.

A.1.1.4 Seguimento da intervención

Poboación beneficiaria: 

Directa: 11 terapeutas (60% mulleres) - 1.650 menores (52% nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 50.000 €