Aumento resiliencia de mulleres saharauís refuxiadas mediante resposta de protección humanitaria.
O proxecto que se presenta contribuirá a aumentar a resiliencia das mulleres saharauís refuxiadas nas wilayas de Campamentos de Poboación Saharauí Refuxiada (CPSR), situadas nos arredores da cidade de Tinduf, Alxeria, na fronteira con Sahara Occidental e Marrocos, como requisito indispensable para contribuír a aliviar o sufrimento de mulleres saharauís máis vulnerables fronte á crise humanitaria de longa duración na que sobreviven.
Media Luna Roja Saharaui (MLRS)
Ministerio de Asuntos Sociales y Promoción de la Mujer (MASPM)
Xeral: Contribuír a aliviar o sufrimento de mulleres saharauís máis vulnerables na crise humanitaria de Campamentos de Población Saharaui Refugiada (CPSR).
Específico: Aumentar a resiliencia das mulleres saharauís refuxiadas nas wilayas fronte á crise humanitaria de longa duración.
RE 1.1. Reforzado o sistema de protección integral para mulleres saharauís refuxiadas en risco ou vítimas de VbG nas wilayas.
A.1.1.1. Análise da situación e calidade do sistema de protección integral e derivación de casos de mulleres saharauís vulnerables en risco de VbG provisto polo MTEM.
A.1.1.2. Formación ás traballadoras do MTEM en competencias profesionais especializadas nos servizos de protección integral destinados a mulleres saharauís vulnerables en risco de VbG.
A.1.1.3. Formación ás traballadoras do MTEM en identificación e tratamento de casos de mulleres refuxiadas en risco ou vítimas de VbG nas wilayas.
A.1.1.4. Formación ás traballadoras da MLRS en identificación de mulleres en risco ou vítimas de VbG nas wilayas e derivación de casos ao MTEM.
A.1.1.5. Obradoiro participativo para a mellora e activación do sistema de rexistro de casos de mulleres en risco ou vítimas de VbG utilizado polo MTEM.
A.1.1.6. Obradoiro participativo para a identificación de servizos de protección a mulleres saharauís fronte á VbG e outros actores clave nas wilayas, e elaboración conxunta dun listado de entidades de referencia.
A.1.1.7. Seguimento e avaliación do reforzo no sistema de protección integral e acceso á derivación de casos para mulleres saharauís refuxiadas.
RE 1.2. Mellorada a cobertura das necesidades básicas das mulleres saharauís en situación de vulnerabilidade refuxiadas nas wilayas.
A.1.2.1. Acordo de criterios comúns e complementarios para a identificación de mulleres saharauís en situación de vulnerabilidade extrema, moi alta e alta.
A.1.2.2. Identificación de mulleres saharauís refuxiadas en situación de vulnerabilidade extrema, moi alta e alta.
A.1.2.3. Reparto de alimentos de primeira necesidade a mulleres saharauís identificadas en situación de extrema vulnerabilidade.
A.1.2.4. Reparto de kits de hixiene e dignidade a mulleres saharauís identificadas en situación de vulnerabilidade moi alta.
A.1.2.5. Distribución de insumos produtivos para fortalecer os medios de vida das mulleres (e das súas familias) en situación de vulnerabilidade alta.
A.1.2.6. Seguimento e avaliación da mellora nas condicións de vida e protección das mulleres saharauís refuxiadas.
RE 1.3. Promovido o papel das mulleres saharauís como axentes de cambio na crise humanitaria dos campamentos para a mellora das condicións de vida.
A.1.3.1. Identificación de mulleres saharauís refuxiadas que estean exercendo (ou que estean interesadas en facelo) un papel de representación ou de liderado comunitario.
A.1.3.2. Obradoiros de fortalecemento de capacidades en habilidades brandas (liderado, comunicación efectiva, negociación, traballo en equipo, etc.) dirixidos a mulleres representantes de dairas ou interesadas en exercer funcións de representación comunitaria.
A.1.3.3. Facilitación para a construción de propostas conxuntas entre as mulleres participantes na actividade R3.A2 que se presenten ante os imames e noutros espazos de incidencia e participación.
A.1.3.4. Sesións formativas cos imames sobre transversalización e aplicación práctica do enfoque de xénero, así como sobre o marco normativo e institucional para a protección dos dereitos das mulleres.
A.1.3.5. Intercambio de experiencias internacional para a visibilización da realidade das mulleres saharauís refuxiadas nas wilayas e do impacto da crise humanitaria nos seus DDHH.
A.1.3.6. Seguimento do liderado das mulleres saharauís refuxiadas en procesos de incidencia como axentes de cambio.
Directa: 445 (80 homes e 365 mulleres)
Indirecta: 30.656 (1598 homes/nenos e 29058 mulleres/nenas)
75.000,00 € (2025)