Promover política pública de reparación digna e transformadora que garanta unha resposta efectiva no acceso á xustiza de nenas, adolescentes e mulleres de Guatemala
O proxecto aborda o dereito das mulleres maias de Guatemala a unha vida libre de violencias, partindo dun enfoque feminista, comunitario e decolonial, que recoñece e valora as epistemoloxías do Sur como base para a transformación. Exponse desde saberes situados, construídos desde as experiencias das mulleres e os pobos maias, que cuestionan o colonialismo epistémico e colocan ao centro o coidado, o benestar, o territorio e a rede da vida.
Pretende fortalecer as capacidades individuais e colectivas de sanación e prevención das violencias cara ás mulleres indíxenas, potenciando o seu benestar, autonomía e liderado desde o enfoque da cosmovisión maia, na rexión Occidente e Centro de Guatemala. As accións levaranse a cabo en territorios con alta porcentaxe de poboación indíxena.
Mujeres Transformando el Mundo
Xeral: Contribuír á redución da violencia de xénero en Guatemala (ODS 5.5)
Específico: Promover políticas públicas de reparación digna e transformadora que garantan unha resposta efectiva no acceso á xustiza de nenas, adolescentes e mulleres de Guatemala.
RE 1.1 Ao mes 12, fortalecidas as estruturas encargadas do cumprimento oportuno e efectivo da Política de reparación das vítimas de violencia de xénero en San Juan Sacatepéquez de Guatemala e Panzós de Alta verapaz
A.1.1.1 Organización de 4 reunións periódicas con 15 defensoras de dereitos humanos e redes comunitarias a nivel rexional.
A.1.1.2 Implementación de talleres sobre incidencia política e xustiza de xénero con defensoras de DDHH.
A.1.1.3 Cabildeo, coordinación e achegamento con autoridades locais, ancestrais e operadores de xustiza.
A.1.1.4 Tres encontros bimensuales para fortalecer capacidades institucionais do OJ e MP para contribuír a garantir a reparación digna e transformadora das nenas, adolescentes e mulleres.
A.1.1.5 Seis reunións coa instancia penal de delitos de femicidio e outras formas de violencia contra a muller
A.1.1.6 Acompañamento das redes de derivación do Ministerio Público dos municipios de cobertura do proxecto.
A.1.1.7 Conformación de dous comités rexionais de prevención da violencia con lideresa comunitarias
A.1.1.8 Actualización, implementación e seguimento de plans de prevención de violencia en comunidades seleccionadas.
RE 1.2 Ao mes 12, fortalecidas as capacidades de intervención con enfoque de xustiza reparadora de operadores de xustiza, traballadoras sociais e promotoras comunitarias que interveñen nos procesos de denuncia de violencia de xénero
A.1.2.1 Desenvolvemento dunha malla curricular para diplomado con enfoque de xénero e atención victimolóxica para operadores de xustiza.
A.1.2.2 Seminario para traballadoras sociais a nivel departamental para creación de rede de traballadoras sociais para a abordaxe da violencia sexual.
A.1.2.3 Diplomado para estudantes universitarios sobre Teoría de Xénero e Dereitos Humanos das mulleres.
A.1.2.4 Curso integral para fortalecer as capacidades das promotoras e o propio equipo de MTM
RE 1.3 Ao mes 12, sistematizados as aprendizaxes do caso de litixio estratéxico Sepur Zarco para ser utilizados como modelo a replicar polo movemento feminista en casos de violencia contra as mulleres
A.1.3.1 Sistematización do caso Sepur Zarco para documentar a evolución da xustiza e a reparación digna.
A.1.3.2 Creación dun sitio web estruturado con información sobre o caso Sepur Zarco e outros casos emblemáticos.
A.1.3.3 Investigación e sistematización de procesos de xustiza e reparación digna.
A.1.3.4 Charla con 70 estudantes da facultade de Dereito
A.1.3.5 Axenda de visita a Galicia de responsable do proxecto de MTM
RE 1.4 Ao mes 12, aumentado o acceso da cidadanía a información especializada sobre prevención de violencias e roteiros de acceso á xustiza
A.1.4.1 Creación dun podcast sobre casos de mulleres e estratexias de prevención de violencia
A.1.4.2 Produción, gravación e difusión de documental sobre o caso Sepur Zarco
A.1.4.3 Desenvolvemento de contido multimedia accesible en plataformas dixitais para difundir información sobre dereitos e prevención de violencia.
A.1.4.4 Deseño e distribución de materiais educativos para poboacións vulnerables
A.1.4.5 Realización dunha campaña de comunicación do proxecto para difusión de resultados e materiais creados
RE 1.5 Ao mes 12 fortalecidas as capacidades de MTM para previr a violencia de xénero e para implementar a súa estratexia transformadora en Guatemala
A.1.5.1 Elaboración de manuais de xestión financeira e administrativa
A.1.5.2 Deseño e implementación dun sistema de Vixilancia e Avaliación (M&E)
A.1.5.3 Capacitación do equipo en xestión de proxectos de cooperación internacional
Directa: 6.820 (4.309 mulleres/nenas, 2.511homes/nenos)
Indirecta: 29.078 (21.545 mulleres/nenas, 7.533 homes/nenos)
185.000,00 € (64.750,00 € en 2025 e 120.250,00 € en 2026)