Proxectos

Fortalecemento intersectorial e comunal da atención primaria en saúde para a redución e control da anemia e a DCI en nenas e nenos menores de 5 anos en comunidades vulnerables andinas no marco do desenvolvemento infantil temperá nos distritos de Huaytará e Pilpichaca.

O proxecto busca mellorar a saúde e o desenvolvemento infantil nos distritos de Pilpichaca e Huaytará, en Huancavelica, mediante tres compoñentes clave: fortalecer as capacidades dos centros de saúde locais para a atención da anemia e desnutrición infantil, establecer mecanismos comunitarios de vixilancia para mellorar o acceso aos servizos de saúde, e promover a gobernanza local para reducir estas problemáticas.

O enfoque centrarase en nenos e nenas menores de cinco anos, mulleres xestantes e as súas familias, beneficiando a 2.034 persoas, con especial atención ás comunidades indígenas. Búscase mellorar a cobertura sanitaria, a coordinación institucional e o acceso a servizos esenciais, contribuíndo ao desenvolvemento infantil temperá e á redución da anemia e desnutrición crónica na rexión.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Huancavelica (departamento)
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

Asociación Centro de Estudos e Promoción do Desenvolvemento Andino Amazónico (desconcentro)

Código CRS: 
12240 - Nutrición básica
Obxectivos: 

Xeral: Garantir o dereito á saúde en condicións de igualdade e desenvolvemento dos nenos e nenas da Rexión de Huancavelica.

Específico: Reducir a anemia e desnutrición crónica infantil garantindo o acceso adecuado aos servizos de atención primaria en saúde en nenos e nenas menores de cinco anos de comunidades vulnerables andinas no marco do desenvolvemento infantil temperá.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Fortalecidas as capacidades institucionais da área de Saúde de Pilpichaca e Rede de saúde de Huaytará coa adecuación da área de maternidade e atención ao recén nado para a atención da anemia infantil e DCI orientada a promover o DIT en comunidades vulnerables.

       A.1.1.1. Diagnóstico situacional para avaliar as brechas no acceso aos servizos de atención en saúde da primeira infancia con énfasis en anemia e DCI (Línea de Base).
       A.1.1.2. Adecuación e equipamento dos servizos de atención materno-infantil da Rede de Huaytará para a súa acreditación institucional na atención do parto e recén nado.
       A.1.1.3. Equipamento de laboratorio na zona sanitaria de Pilpichaca para aumentar e mellorar a súa capacidade de diagnóstico precoz en enfermidades prevalentes da infancia.
       A.1.1.4. Programa para a xeración de capacidades en persoal operador de saúde nos servizos de atención materno-infantil e laboratorio diagnóstico con énfasis en control e redución da anemia e DCI.
       A.1.1.5. Campañas de atención integral da saúde na primeira infancia en Pilpichaca e Huaytará.

RE 1.2. Habilitados mecanismos comunitarios para a vixilancia da saúde na primeira infancia con énfasis na redución e control da anemia e DCI en coordinación coa rede institucional en comunidades vulnerables do ámbito rural de Pilpichaca.

       A.1.2.1. Xeración de capacidades comunitarias para o control e seguimento da anemia infantil con énfasis na prevención e atención a casos de risco e a articulación cos servizos institucionais de saúde no marco da estratexia SIVICO.
       A.1.2.2. Implementación e adecuación de sistemas de vixilancia comunitaria para o control e redución da anemia e DCI no marco do Desenvolvemento Infantil Temperá.
       A.1.2.3. Estratexia de comunicación multicanal para a prevención, control e redución da anemia infantil e a DCI nas comunidades vulnerables do ámbito rural na provincia de Huaytará.

RE 1.3. Impulsada a gobernanza local para o control e redución da anemia e a DCI a partir da dinamización das instancias de concertación multisectorial e o reforzo das capacidades de autogoberno local.

       A.1.3.1. Dinamización das Instancias de Articulación Local (IAL) para fortalecer a gobernanza do desenvolvemento infantil temperá.
       A.1.3.2. Xeración de mecanismos de deliberación política e acordos de gobernabilidade que integren os dereitos da infancia como un tema prioritario da axenda política para a campaña electoral.
       A.1.3.3. Avaliación e diagnóstico situacional para identificar os focos de risco relacionados co acceso deficitario ao auga potable e a súa correlación coa incidencia de anemia moderada e severa na primeira infancia.
       A.1.3.4. Intervención en sistemas de abastecemento de auga potable para eliminar factores de risco asociados á presenza de anemia na primeira infancia.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 2304 (1224 mulleres/nenas, 1080 homes/nenos)

Indirecta: 4170 (2364 mulleres/nenas, 2346 homes/nenos)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

185.000,00 € (64.750,00 € en 2025 e 120.250,00 € en 2026)