Proxectos

Infancia con dereitos e comunidades sostibles en Changalane: fortalecemento nutricional, educativo e comunitario con enfoque de xénero (Mozambique)

O proxecto ten como obxectivo garantir o dereito á saúde, á educación infantil temperá e á alimentación da infancia máis vulnerable de Changalane, unha localidade do medio rural no sur de Mozambique. A intervención céntrase na rehabilitación integral do Centro Infantil de Changalane, incluíndo a mellora das súas infraestruturas sanitarias, educativas e produtivas, co propósito de reforzar a súa sustentabilidade técnica e económica a longo prazo.

Para iso refórzase a educación para a saúde mediante a rehabilitación do centro comunitario Khumbuka e impleméntanse accións formativas participativas dirixidas a familias e menores. Ademais, increméntase a capacidade produtiva do centro infantil mediante a rehabilitación do sistema de abastecemento de auga, a posta en marcha dun criadeiro de polos e a habilitación dun terreo agrícola de 2.600 m² para o autoconsumo e a xeración de ingresos.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Changalane
Axentes: 
Fundación Mozambique Sur
Contraparte: 

Fundaçao Encontro

Código CRS: 
12240 - Nutrición básica
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a garantir o dereito dos nenos e nenas menores de 6 anos a unha vida digna, saudable e plenamente desenvolvida no medio rural do sur de Mozambique, mediante a mellora das condicións de acceso á educación infantil, á saúde preventiva e a unha alimentación adecuada, con enfoque de xénero, sustentabilidade e participación comunitaria. 

Específico: Mellorar de forma sostible as condicións de saúde, nutrición e acceso a educación infantil de 220 nenos e nenas menores de 6 anos en situación de vulnerabilidade na comunidade rural de Changalane, mediante a rehabilitación e fortalecemento do Centro Infantil, a mellora dos seus sistemas produtivos e o empoderamento comunitario, especialmente das mulleres.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Rehabilitado e reactivado o centro comunitario Khumbuka como espazo de referencia para a educación sanitaria infantil e comunitaria.

A.1.1.1  Rehabilitación estrutural e funcional do centro comunitario Khumbuka

A.1.1.2 Implementación de actividades de IEC (Información, Educación e Comunicación)

RE 1.2 Sistema de abastecemento de auga rehabilitada e funcional, garantindo o acceso a auga potable e de rega mediante o uso de enerxía solar.

A.1.2.1 Rehabilitación integral do sistema de captación, almacenamento e distribución de auga mediante enerxía solar

RE 1.3 Criadeiro de polos rehabilitado y produtivo, xerando alimentos para o autoconsumo e excedentes para venda.

A.1.3.1 Reparación estrutural do criadeiro de polos e compra de equipamento

A.1.3.2  Formación do persoal en manexo de avicultura e arranque de produción

RE 1.4 Terreo agrícola do centro habilitado e operativo, xerando alimentos frescos e recursos económicos sostibles.

A.1.4.1 Acondicionamiento do terreo agrícola (2.600 m²)

A.1.4.2 Capacitación de mulleres en agroecoloxía e xestión productiva

RE 1.5 Estruturas comunitarias fortalecidas e lideradas por mulleres, que asumen responsabilidades na sostibilidade do centro infantil.

A.1.5.1 Creación e funcionamento do Comité de Xestión do Centro

Poboación beneficiaria: 

Directa: 880 (467 mulleres/nenas, 413 homes/nenos)

Indirecta: 5245 (2700 mulleres/nenas, 2545 homes/nenos)

Axudas: 

60.000,00 € (60.000,00 € en 2025)