Proxectos

Activistas polo Mundo que Queremos 2025-2026

Activistas polo Mundo que Queremos 2025-2026 é unha iniciativa dirixida a 300 alumnos e alumnas dos centros galegos de secundaria e formación profesional xunto ao seu profesorado. Ten como obxectivo afondar nas desigualdades sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención á realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega. Tendo como marco teórico a Axenda 2030, os activismos LGTBI e feminista, o medioambientalista e o antirracista, serán estas as temáticas condutoras da proposta, e a comunicación transformadora e a radio, as ferramentas metodolóxicas e elementos vertebradores das accións a desenvolver. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan Proxecta + da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
ASOCIACIÓN GALEGA DE COMUNICACIÓN PARA O CAMBIO SOCIAL (AGARESO)
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Fomento dunha adolescencia e un profesorado galego consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.

Específico: Contribuír ao fomento dunha adolescencia e un profesorado galego consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Deseñado, xestionado e executado o plan de coordinación e comunicación entre as ONGD consorciadas, a subdirección xeral de cooperación exterior, a consellería de educación e o profesorado do proxecto 2024-2025

            A 1.1.1: Xestión e coordinación dos requirimentos da fase inicial e final (memorias) para a participación dentro do Plan Proxecta.  
            A 1.1.2: Xestión e coordinación interna das ONGD e entidades participantes.

RE 1.2: Realizado un curso de formación para traballar os coñecementos e as ferramentas precisas para o profesorado implicado en 4 centros educativos para o desenvolvemento do proxecto ao longo do curso 2025/2026

            A 1.2.1: Coordinación e acompañamento aos centros educativos 
            A 1.2.2: Encontro inicial do profesorado e organizacións  
            A 1.2.3: Elaboración de materiais de acompañamento ao profesorado.     
            A 1.2.4: Encontro virtual de profesorado participante do proxecto.

RE 3: Realizadas 8 paradas con alumnado de 4 centros educativos participantes para favorecer vías de denuncia sobre as súas realidades a través de sesións presenciais e virtuais

            A 1.3.1: Revisión da aula virtual para o curso 2025/2026  
            A 1.3.2: Xestión e acompañamento técnico permanente.  
            A 1.3.3: Parada 1: Que significa ser activista? PRESENCIAL      
            A 1.3.4: Parada 2: Elixe e afonda no teu activismo: LGTBI, FEMINISMO; MEDIO AMBIENTE;             ANTIRRACISTA. VIRTUAL       
            A 1.3.5: Parada 3: Comunicación transformadora. PRESENCIAL
            A 1.3.6: Parada 4: Como preparar o guión do teu programa de radio? VIRTUAL   
            A 1.3.7: Parada 5: Obradoiro de radio. PRESENCIAL     
            A 1.3.8: Parada 6: Coñecendo ás persoas activistas da Visita do Sur. VIRTUAL    
            A 1.3.9: Parada 7: Visita do Sur. PRESENCIAL  
            A 1.3.10: Parada 8: Escoita de Podcast e Avaliación

RE 1.4: Ampliada a capacidade de sensibilización do proxecto a través dunha estratexia de comunicación integral

            A 1.4.1: Elaboración do plan de comunicación propio do proxecto.
            A 1.4.2: Campaña de difusión nos medios de comunicación tradicionais   
            A 1.4.3: Campaña de promoción para dar a coñecer o proxecto nos centros educativos.

RE 1.5: Xestionados os coñecementos sobre a experiencia da intervención de cara á aprendizaxe colectiva

            A 1.5.1: Avaliación continua e comparativa de todo o proceso de execución do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 308 (2 homes; 6 mulleres; 147 nenos; 153 nenas)          
Indirecta: 1.395 (338 homes; 382 mulleres; 344 nenos; 331 nenas)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 69.988,00 € (30.000 € en 2025 e 39.988,00 € en 2026)