Mulleres á Fronte (MAF)
O proxecto do grupo de investigación “Mulleres á Fronte” céntrase no estudo da relación entre migración, xénero e desenvolvemento, con especial atención ás mulleres migrantes. Aborda como as persoas migrantes actúan como axentes de cooperación, o asociacionismo migrante, as remesas materiais e inmateriales, e a organización transnacional dos coidados. Así mesmo, analiza a diversidade cultural das comunidades diaspóricas, especialmente a través das súas expresións artísticas e prácticas culturais, e a súa relación co desenvolvemento local e global. O enfoque do grupo é feminista, interseccional e decolonial, incorporando metodoloxías participativas e interdisciplinares que combinan investigación social e práctica artística.
O grupo ten experiencia en África Subsahariana, América Central, América do Sur e o Caribe, e orienta a súa investigación cara aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e ás prioridades da Cooperación Galega, como a igualdade de xénero, a erradicación da pobreza, a redución de desigualdades e a protección dos dereitos humanos. Os seus resultados difúndense mediante publicacións académicas, exposicións, documentais e ferramentas dixitais, buscando xerar impacto social, fortalecer alianzas entre actores diversos e promover a participación cidadá, contribuíndo a un desenvolvemento humano sostible e á visibilización do papel das mulleres migrantes nos procesos de desenvolvemento.
Xeneral:
Fortalecer a investigación sobre migracións, xénero e desenvolvemento, xerando coñecemento aplicado que promova a cooperación, a igualdade de xénero, a participación cidadá e a visibilización das prácticas culturais das comunidades migrantes, especialmente das mulleres, contribuíndo así a un desenvolvemento humano sostible.
Específicos:
OE 1. Identificación de actores, iniciativas e recursos clave: Mapear os axentes, proxectos e programas de financiamento relacionados con xénero e migración nos países de especialización do grupo, elaborando unha cartografía que permita difundir esta información entre os actores clave.
OE 2. Ampliar redes de colaboración e visibilidade: Reforzar a capacidade do grupo para xerar alianzas en cooperación ao desenvolvemento e aumentar a difusión do seu traballo a través da páxina web, medios de comunicación e outras canles como podcasts.
OE 3. Dar soporte técnico, económico e formativo: Proporcionar apoio ao grupo mediante contratación de persoal técnico e formación en competencias crave (técnicas audiovisuais, xestión web, marco lóxico), así como crear espazos de intercambio de coñecemento e boas prácticas.
OE 4. Fomentar a creación de coñecemento participativa e innovadora: Incorporar metodoloxías híbridas que combinen investigación social e artística, promovendo encontros con actores do desenvolvemento e a cultura para explorar colaboracións e difundir os resultados de maneira ampla.
A0. Formulación do proxecto e reunións preparatorias: Planificación inicial e coordinación do proxecto.
A 1. Identificación: Localización de actores, recursos e iniciativas crave.
A 2. Síntese: Elaboración dun resumo de proxectos e iniciativas existentes.
A 3. Cartografía: Creación dun mapa integrado de actores, recursos e iniciativas.
A 4. Difusión: Compartir resultados da cartografía e achados do proxecto.
A 5. Encontro: Reunión con actores crave para fortalecer a colaboración.
A 6. Portal web: Mellorar e actualizar a presenza online do grupo.
A 7. Divulgación: Difusión da investigación a través de medios e canles externas.
A 8. Podcast: Creación e publicación de episodios divulgativos sobre as investigacións.
A 9. Contratación: Incorporación de persoal técnico de apoio á investigación.
A 10. Formación técnicas audiovisuais: Capacitación do grupo en produción audiovisual.
A 11. Formación web: Capacitación en manexo básico de páxinas web.
A 12. Formación marco lóxico: Formación en metodoloxía de planificación e xestión de proxectos.
A 13. Encontro (2º): Reunión para intercambio de prácticas metodolóxicas e colaboración interdisciplinar.
A 14. Reunións do grupo: Coordinación continua e seguimento interno do equipo.
Directa: ( mulleres/nenas, homes/nenos)
Indirecta: ( mulleres/nenas, homes/nenos)
Axuda Xunta de Galicia:
35.000,00 € (17.500,00 € en 2025 e 17.500,00 € en 2026)