Proxectos

Xeración de coñecemento sobre a contaminación por metais pesados na auga subterránea do Sur de Honduras (CADMIO)

A rexión sur de Honduras enfronta grandes carencias no acceso á auga e ao saneamento, principalmente debido ás condicións climáticas. Esta área atópase no corredor seco de Centroamérica, en pleno trópico seco, e sofre de secas prolongadas agravadas polo cambio climático, sendo unha das zonas máis afectadas do mundo por este fenómeno. A escaseza de recursos hídricos vese agravada pola falta de políticas de protección da calidade da auga, que leva a un control insuficiente das verteduras e o uso inadecuado de fertilizantes e tamén por deficiencias na xestión de recursos hídricos e a falta de recursos técnicos e económicos para a construción e mantemento de sistemas adecuados de abastecemento e saneamento.

Por iso, o obxectivo principal deste proxecto é aumentar o coñecemento sobre as concentracións de metais pesados, en particular de cadmio, na auga de consumo humano e na cadea trófica para poder confirmar ou descartar a hipótese de que este sexa a causa principal ou unha das causas da alta incidencia da ERC no sur de Honduras. Ademais propóñense estratexias de redución da concentración dos metais pesados, en particular do cadmio na auga de consumo humano.

 

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria de investigación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Código CRS: 
14015 - Protección recursos hídricos
Obxectivos: 

Xeral: 

O obxectivo principal deste proxecto é aumentar o coñecemento sobre as concentracións de metais pesados, en particular de cadmio, na auga de consumo humano e na cadea trófica para poder confirmar ou descartar a hipótese de que este sexa a causa principal ou unha das causas da alta incidencia da Enfermidade Renal Crónica (ERC) no sur de Honduras.

Específico:

OE 1 Estudar se as altas concentracións de metais medidas nalgunhas captacións de auga subterránea do sur de Honduras son representativas dunha problemática na zona ou se trata de problemas puntuais e localizados nos puntos analizados.

OE 2 Establecer e analizar hipótese sobre a orixe dos metais con alta concentración na auga subterránea, en especial o cadmio, coa intención de previr ou reducir o seu impacto

OE 3 Analizar o impacto das altas concentracións de metais pesados atopadas na auga na cadea trófica: vexetais comestibles, animais e humanos.

OE 4 Transferir a capacidade de toma de mostras en auga, chan, sangue e tecidos en campo e a súa preparación para a análise a técnicos das institucións hondureñas.       

OE 5 Propoñer estratexias de redución da concentración dos metais pesados e, en particular, do cadmio na auga de consumo humano.

Resultados e actividades: 

FASE 1

1.1. Reunión de lanzamiento del proyecto

1.2. Revisión del problema abordar: profundizar en la realidad del país y la problemática de la calidad del agua en Honduras.

1.3. Revisión del estado del arte en el tema en el que va a participar cada Universidad

1.4. Organización de la capacitación técnica en biomonitorización de metales tóxicos

1.5. Compra del material para el trabajo de campo y material de laboratorio

1.6. Organización del viaje a Honduras para trabajo de campo

FASE 2:

2.1. Trabajo de campo AGUA y SUELO en Honduras

2.2. Trabajo de campo de BIOMONITORIZACIÓN en Honduras.

2.2. Captacitación técnica en biomonitorización de metales pesados

FASE 3:

3.1. Análisis de las muestras de calidad del agua y suelo

3.2. Análisis de las muestras de tejido y sangre

FASE 4:

4.1. Análisis de resultados de calidad del agua y conclusiones

4.2. Análisis de resultados de calidad del suelo y conclusiones

4.3. Análisis de resultados de tejidos y sangre y conclusiones

4.4. Análisis espacial conjunto de los diferentes tipos de datos y conclusiones.

4.5. Jornada de devolución

Poboación beneficiaria: 

Directa: 30 (15 mujeres/niñas, 15 hombres/niños)

Indirecta: 0 (0 mujeres/niñas, 0 hombres/niños)

Avaliación: 
non prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

30.000,00 € (15.000,00 € en 2025 e 15.000,00 € en 2026)