Proxectos

Mellora do acceso a auga potable e servizos de saneamento para a poboación refuxiada sudanesa no Chad

Desde que estalou o conflito armado no Sudán en abril de 2023, centos de miles de sudaneses fuxiron da violencia cara a países veciños, como o Chad, que actualmente acolle máis de 1,3 millóns de refuxiados ao longo da súa fronteira oriental. A situación actual nos campos de refuxiados do leste do Chad presenta desafíos importantes en canto ao acceso e á calidade da auga, a hixiene e os servizos de saneamento, nun contexto no que os recursos naturais e as institucións chadianas están totalmente desbordados. O obxectivo principal deste proxecto é mellorar as condicións de vida da poboación refuxiada sudanesa nos campos do leste do Chad mediante a mellora do acceso seguro, equitativo e sostible á auga potable, ao saneamento básico e aos servizos de hixiene; isto contribúe a reducir os riscos sanitarios e a fortalecer a resiliencia tanto das comunidades de refuxiados sudaneses como das comunidades de acollida chadianas. Entre os resultados clave do proxecto figuran, en primeiro lugar, a mellora do acceso á auga potable mediante a construción e/ou rehabilitación de sistemas de abastecemento de auga e o fortalecemento dos sistemas comunitarios de xestión da auga; e, en segundo lugar, a mellora do acceso a servizos de saneamento e hixiene mediante a construción de infraestruturas de saneamento, a promoción da hixiene comunitaria e a distribución de kits de hixiene e saneamento. As actividades fundamentais do proxecto inclúen o reforzo das infraestruturas de auga e saneamento —como depósitos de auga, puntos de auga e billas públicas, estacións de bombeo de auga con enerxía solar, sistemas de vixilancia e tratamento da auga e latrinas familiares—, así como o apoio á súa xestión comunitaria —por exemplo, apoiando comités comunitarios para a xestión dos puntos de auga e do saneamento, coordinándose coas autoridades e realizando campañas de sensibilización comunitaria—.

Ano: 
2026
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Sahel-África
País: 
CHAD
Zona de actuación: 
Este do Chad
Axentes: 
ACNUR (Comité español do ACNUR, axencia das Nacións Unidas para os refuxiados)
Contraparte: 

Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (UNHCR/ACNUR)

Código CRS: 
140 - Abastecemento de auga e saneamento
14030 - Abastecemento de auga potable e saneamento básico - sistemas menores
Obxectivos: 

Xeral: Mellorar as condicións de vida da poboación refuxiada sudanesa nos campamentos do leste do Chad.

Específico: Garantir o acceso a auga segura e a servizos básicos de saneamento e hixiene para a poboación refuxiada sudanesa en 23 campamentos do leste do Chad, de conformidade cos estándares internacionais.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Mellorado o acceso á auga potable mediante a construción ou rehabilitación de sistemas de abastecemento de auga e o fortalecemento dos sistemas de gobernanza e da resiliencia nas zonas de acollida de refuxiados.

A.1.1.1. Funcionamento e mantemento de sistemas de auga, hixiene e saneamento.

A.1.1.2. Seguimento periódico da calidade da auga e tratamento da mesma.

A.1.1.3. Mellora da capacidade de bombeo de auga.

A.1.1.4. Coordinación coas autoridades locais e estatais competentes en materia de auga e saneamento.

A.1.1.5. Formación e mobilización comunitaria para a gobernanza dos sistemas de auga.

RE 2.1. Mellorado o acceso a servizos de saneamento e hixiene mediante a construción de infraestruturas de saneamento, a promoción da hixiene a nivel comunitario e a distribución de kits de hixiene e saneamento.

A.2.1.1. Construción/rehabilitación de latrinas domésticas.

A.2.1.2. Distribución de kits de saneamento, produtos de mantemento e materiais de limpeza.

A.2.1.3. Sensibilización comunitaria sobre hixiene e promoción de boas prácticas de saneamento.

A.2.1.4. Reforzo dos sistemas de xestión de residuos sólidos mediante mecanismos comunitarios.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.018.939 persoas (264.922 mulleres, 132.463 homes, 305.683 nenos y 315.871 nenas)

Indirecta: 50.947 persoas (13.246 mulleres, 6.623 homes, 15.284 nenas y 15.794 nenos)

Axudas: 

Xunta de Galicia: 75.000,00 €