Mellora do acceso a servizos de protección holísticos para mulleres e menores con discapacidade desprazados na Franxa de Gaza.
O proxecto proposto ten como obxectivo mellorar a protección e a recuperación integral das mulleres e menores con discapacidade desprazadas na Franxa de Gaza, nun contexto caracterizado pola destrución masiva de infraestruturas, o colapso do sistema sanitario e un aumento exponencial dos riscos de violencia e exclusión. A intervención baséase no recoñecemento de que as persoas con discapacidade, especialmente mulleres e nenos e nenas, se enfrontan a barreiras múltiples para acceder a servizos esenciais, mecanismos de protección e espazos seguros que garantan o seu benestar físico e emocional durante unha crise humanitaria de extrema gravidade e duración incerta. O proxecto adopta un enfoque integral orientado á protección, combinando a prestación de servizos especializados de rehabilitación con apoio psicosocial inclusivo e accións específicas para previr a violencia de xénero e responder a ela. A intervención fundaméntase nun enfoque baseado nos dereitos, na interseccionalidade de xénero e na inclusión da discapacidade, reforzando tanto as capacidades individuais das persoas participantes como as capacidades institucionais da organización socia local, SHS, para garantir unha resposta sostible e adaptada ao contexto.
Stars of Hope Society (SHS)
Xeral: Contribuír a mellorar a situación e a resiliencia das mulleres e a infancia desprazadas internamente na Franxa de Gaza mediante unha intervención de emerxencia integral.
Específico: Mellorar a protección e a recuperación integral de mulleres e nenos con discapacidade desprazados polo conflito na Franxa de Gaza mediante servizos inclusivos de rehabilitación e apoio psicosocial, integrando a prevención e a resposta á violencia de xénero.
RE 1.1: Fortalecida a autonomía, mobilidade e capacidade para as actividades da vida diaria das persoas desprazadas con discapacidade, con especial atención ás mulleres e á infancia, mediante o acceso a servizos de rehabilitación integral e de apoio funcional.
A.1.1.1. Definición de criterios de selección baseados na vulnerabilidade e identificación do grupo destinatario entre as persoas con discapacidade grave.
A.1.1.2. Avaliación integral e elaboración de plans de rehabilitación individualizados para as persoas con discapacidade identificadas.
A.1.1.3. Prestación de servizos específicos e individualizados de rehabilitación e apoio para persoas con discapacidade.
A.1.1.4. Distribución de produtos de apoio adaptados ás persoas con discapacidade que reciben atención.
A.1.1.5. Coordinación técnica, seguimento, supervisión e avaliación continua dos servizos de saúde e rehabilitación para persoas con discapacidade.
RE 2.1. Reforzada a protección das mulleres desprazadas con discapacidade en situacións de extrema vulnerabilidade, mediante a mellora das súas condicións de hixiene e dignidade e o seu acceso informado e seguro a servizos e mecanismos de apoio para abordar os riscos de violencia.
A.2.1.1. Sesión de formación técnica para o equipo de SHS sobre a identificación, atención e xestión de casos de mulleres desprazadas con discapacidade que presentan necesidades de protección.
A.2.1.2. Definición de criterios de selección e identificación para mulleres desprazadas internamente con discapacidade que teñen necesidades de protección particularmente graves.
A.2.1.3. Distribución de kits de hixiene e dignidade a mulleres desprazadas con discapacidade identificadas que presentan necesidades de protección graves.
A.2.1.4. Sesións de información e orientación sobre os dereitos das mulleres, os servizos de protección e as vías de derivación para mulleres con discapacidade.
A.2.1.5. Xestión de casos e derivación de mulleres desprazadas con discapacidade que presentan necesidades de protección graves.
A.2.1.6. Coordinación técnica, seguimento, supervisión e avaliación das accións de protección e do apoio especializado para mulleres con discapacidade.
RE 3.1. Fortalecido o benestar emocional e do apoio social para as persoas desprazadas con discapacidade en Gaza, especialmente mulleres e as súas familias, xunto coa sensibilización da sociedade galega.
A.3.1.1. Identificación de mulleres desprazadas con discapacidade que se atopan en situación de extrema vulnerabilidade emocional e desprotección.
A.3.1.2. Sesións grupais de apoio psicosocial para persoas con discapacidade, cun enfoque especial nas mulleres con discapacidade.
A.3.1.3. Actividades recreativas para persoas con discapacidade, especialmente mulleres con discapacidade, e os seus fillos e fillas.
A.3.1.4. Sesións de orientación sobre boas prácticas dirixidas a familias e coidadores de persoas con discapacidade.
A.3.1.5. Campaña de sensibilización e comunicación en Galicia sobre a situación en Palestina, as condicións das persoas con discapacidade na Franxa de Gaza e o impacto do proxecto.
A.3.1.6. Coordinación técnica, seguimento, supervisión e avaliación das actividades de fortalecemento comunitario e fomento da resiliencia.
Directa: 270 persoas (140 mulleres, 60 homes, 40 nenas e 30 nenos)
Indirecta: 810 persoas (420 mulleres, 180 homes, 90, nenos e 120 nenas)
Xunta de Galicia: 75.000,00 €