Proxectos

“Da Intervención á Sustentabilidade”: Fortalecemento institucional para unha atención sanitaria pública de calidade para as persoas con albinismo en Malaui

Este proxecto aposta por fortalecer institucionalmente o Goberno de Malaui e o sistema de saúde pública do país para garantir o dereito á saúde en condicións de calidade e equidade de 660 persoas con albinismo (PCA) de 7 distritos das rexións Norte e Central (Karonga, Chitipa, Rumphi, Nkhatabay, Mzimba, Kasungu, Dowa). Malaui presenta unha das prevalencias de albinismo máis críticas a nivel global. Sen acceso a servizos de saúde especializados ni a fotoprotectores solares, a falta de melanina actúa como unha sentenza de mortalidade prematura: o 90% das PCA non sobrevive os 40 anos debido ao cancro de pel, nunha realidade onde as temperaturas superan frecuentemente os 35°C e o índice UV é extremo (11+). A protección deste colectivo non é só unha necesidade sanitaria, senón unha urxencia de dereitos humanos ineludible. O proxecto optimiza o Programa de Prevención do Cancro de Pel, implementado por Beyond Suncare (BSC) e a súa contraparte local Beyond Suncare Malaui (BSCM) desde 2017, integrado en 7 hospitais distritais e 35 centros de saúde, para o seu aliñamento coas novas directrices sanitarias e a súa progresiva apropiación por parte do Goberno de Malaui. Responde ás conclusións de tres procesos avaliativos consecutivos: o Diagnóstico interno de novembro de 2024; a Avaliación técnica externa de outubro de 2025 realizada por Data Driven Insights; e a Avaliación técnica de decembro de 2025 sobre o aliñamento do Programa coas novas directrices do Ministerio de Saúde.

Ano: 
2026
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
África
País: 
MALAWI
Zona de actuación: 
Zona Norte
Axentes: 
Beyond Suncare
Contraparte: 

Beyond Suncare Malaui (BSCM)

Código CRS: 
12110 - Política sanitaria e xestión administrativa
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao fortalecemento institucional do sistema de saúde pública de Malaui para garantir o exercicio efectivo do dereito á saúde e a inclusión social, con enfoques de xénero, calidade e equidade, das persoas con albinismo en 7 distritos prioritarios do país.

Específico: Garantir o exercicio efectivo do dereito á saúde dermatolóxica de calidade para 660 persoas con albinismo (167 hommes, 184 mulleres,152 nenos,157 nenas) en 7 distritos de Malaui (Karonga, Chitipa, Rumphi, Nkhatabay, Mzimba, Kasungu, Dowa), mediante o fortalecemento das capacidades do sistema público de saúde e a promoción da inclusión social con enfoque de xénero.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Fortalecida a capacidade diagnóstica e terapéutica da rede pública de saúde mediante a adquisición e integración de UMOZI MAX no canal público de compras e distribución do Goberno de Malaui, a dotación de equipamento e material de crioterapia e a implementación de protocolos de garantía de calidade nos 7 distritos de intervención.

A.1.1.1. Distribución por parte del CMST de 3.960 cremas solares UMOZI MAX a 7 hospitais distritais e 35 centros de saúde rurais de 7 distritos.

A.1.1.2. Adquisición e distribución de nitróxeno líquido e tres tanques para o transporte do nitróxeno para crioterapia de lesións precancerosas nos 42 equipamentos sanitarios.

A.1.1.3. Realización de 2 roldas de visitas de garantía de calidade e formación continuada para 128 traballadores/as sanitarios/as en 42 equipamentos de 7 distritos.

A.1.1.4. Realización de reunións semestrais con 7 DHOs para garantir o aprovisionamento e distribución do fotoprotector solar UMOZI MAX

A.1.1.5. Realización de reunións trimestrais co MoH para asegurar a adquisición anual de 3.960 botes de UMOZI MAX para as 660 PCA dos 7 distritos.

RE 2.1. Fortalecidas as capacidades clínicas e de diagnóstico de 128 profesionais sanitarios (22 oficiais clínicos (CO), 38 farmacéuticos/as, 41 asistentes de vixilancia sanitaria, 10 enfermeiros/as rurais e 17 asistentes médicos) do sistema público de saúde en 7 distritos, mediante un modelo de capacitación integral (teórico-práctico) sobre diagnóstico precoz de cancro de pel e atención especializada a persoas con albinismo, aliñado cos protocolos nacionais de Malaui.

A.2.1.1. Elaboración de material de capacitación teóricopráctico para 1 capacitación intensiva de 5 días para 22 CO.

A.2.1.2. Organización e realización de 1 capacitación intensiva de 5 días para 22 CO en Lilongüe.

A.2.1.3. Deseño dun protocolo de derivación de pacientes con cancro de pel e apoio loxístico-financeiro para a derivación de pacientes.

RE 3.1. Incrementada a demanda de servizos dermatolóxicos e a inclusión social das persoas con albinismo mediante unha estratexia de sensibilización comunitaria con enfoque de xénero e dereitos humanos que reduza o estigma e as barreiras de acceso ao sistema público.

A.3.1.1. Realización de 2 representacións de teatro comunitario en Mzimba e Rumphi con enfoque de xénero e DDHH.

A.3.1.2. Realización de 3 reunións para impulsar a renovación do Plan de Acción Nacional para PCA e a adquisición de UMOZI MAX polo CMST, a axencia pública de distribución de medicamentos.

A.3.1.3. Participación, xunto coas autoridades locais e outros axentes implicados, no evento polo Día Internacional de Sensibilización do Albinismo (13 de xuño).

RE 4.1. Fortalecida a gobernanza local e a sostibilidade da intervención mediante mecanismos de coordinación estratéxica e rendición de contas co Ministerio de Saúde (MoH) de Malaui e outros socios institucionais, garantindo o seguimento técnico, a transparencia orzamentaria e a socialización de resultados con enfoque de xénero e dereitos humanos.

A.4.1.1. Realización de informes semestrais de seguimento para o MoH e socios institucionais.

A.4.1.2. Realización de reunións trimestrais presenciais de seguimento con o MoH e APAM sobre o desempeño do programa nos 7 distritos.

A.4.1.3. Desenvolvemento dun plan estratéxico quinquenal que fortaleza a planificación, coordinación e rendición de contas entre BSCM, MoH, centros de saúde e socios institucionais.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 660 PCA (167 homes, 184 mulleres, 152 nenos e 157 nenas) e 128 traballadores sanitarios

Indirecta: 4.490 persoas (1.325 homes, 1.380 mulleres, 875 nenos e 910 nenas)

Axudas: 

Xunta de Galicia: 30.000,00 €