Fortalecemento transfronteirizo da xestión de emerxencias ante inundacións e riadas nas rexións do sur de Perú, coa participación de equipos de Bolivia. Fase II
Este proxecto ten como obxectivo reducir a vulnerabilidade das comunidades do sur do Perú ante inundacións e desbordamentos, mediante o fortalecemento das capacidades dos seus equipos de emerxencia. Amplía a estratexia posta en marcha inicialmente para facer fronte aos incendios forestais, unha resposta motivada polo elevado risco existente nas zonas onde a vexetación foi destruída. O proxecto contempla a colaboración transfronteiriza con Bolivia, fomentando o intercambio de experiencias en materia de xestión de riscos. Desenvolverase en cinco fases ao longo dun período de nove meses, mellorando a preparación, a capacidade de resposta e a coordinación dos equipos de emerxencia tanto do Perú como de Bolivia.
Esta segunda fase dá continuidade ao proceso iniciado na intervención anterior, que buscaba consolidar a capacidade operativa local para responder a emerxencias relacionadas coa auga no sur do Perú. Tras a fase inicial, que incluíu unha avaliación de capacidades, formación especializada en rescate en augas rápidas e a dotación de equipamento básico para o equipo operativo constituído, esta nova etapa pretende reforzar a sustentabilidade, a autonomía técnica e a replicabilidade do modelo de intervención. O proxecto centrarase na formación avanzada, na formación de instrutores locais, na actualización dos protocolos operativos e no fortalecemento da coordinación binacional mediante a participación de equipos de Bolivia.
Bomberos Unidos Sin Fronteras BUSF Perú Sur
Xeral: Contribuír á consolidación dunha rede binacional de resposta ante emerxencias hídricas no sur de Perú e zonas limítrofes con Bolivia, fortalecendo as capacidades técnicas, organizativas e institucionais dos equipos locais de rescate acuático para reducir a vulnerabilidade das comunidades expostas a inundacións e riadas.
Específico:
OE 1. Reforzar as capacidades técnicas de rescate acuático mediante dous cursos simultáneos e diferenciados por nivel: un Curso de Nivel I, orientado a reciclaxe e novos ingresos, e un Curso de Nivel II, orientado a persoal avanzado con experiencia previa.
OE 2. Consolidar núcleo operativo con capacidade escalonada e réplica interna.
OE 3. Coordinación operativa e homoxeneidade de procedementos.
RE 1.1. Realizados dous itinerarios formativos con mellora efectiva das capacidades operativas
A.1.1.1. Selección 40p. (20/nivel) por experiencia. BRIEGAL + Puno; BRIEGAL + Socio Local; listas
nominais.
A.1.1.2. Nivel I. 40h básicas (teórico-práctico). San Gabán – Puno; Briegal; EPI.
A.1.1.3. Nivel II. 40h avanzadas. San Gabán; Briegal; EPI, material rescate altura.
A.1.1.4. Simulacros diferenciados. Río/canal; Briegal; EPI, material simulacro.
A.1.1.5. Certificación. Probas + entrega títulos; Briegal; Diplomas, materiais.
RE 2.1. Grupo con capacidade escalonada e apoio réplica.
A.2.1.1. Identificación; Avaliar 40p. para monitoría. Sede Puno; BRIEGAL; Fichas avaliación.
A.2.1.2. Perfiles monitores; Seleccionar 4 candidatos. Sede Puno; BRIEGAL + s Local; Listas nominais.
A.2.1.3. Recomendacións; Elaborar plan continuidade. Sede Puno; BRIEGAL; Documento Word.
RE 3.1. Protocolos homoxeneizados aplicados.
A 3.1.1. Revisión Nivel I; Actualizar 2 protocolos básicos. Sede Puno; BRIEGAL; Protocolos fase I.
Directa: 30 persoas (21 homes y 9 mulleres)
Indirecta: 150.900 persoas (150.900 homes, 148.800 mulleres, 74.700 nenos y 73.800 nenas)
Xunta de Galicia: 23.213,74 €