Fortalecer as estratexias, as capacidades e as ferramentas das organizacións sociais e o sector da comunicación de Galicia para a defensa dos dereitos humanos e a democracia a nivel global.
Ante a ofensiva contra os DDHH, resistencia organizada. Esta é unha proposta que busca fortalecer o sector das ongd e da comunicación para unha defensa decidida dos dereitos humanos e a democracia nun contexto cada vez máis hostil. Ao mesmo tempo fará especial énfase en pór en valor o aporte da cooperación internacional e os seus diferentes actores nesta mesma defensa.
Xeral: Contribuír á defensa dos dereitos humanos a través da organización colectiva desde unha perspectiva feminista e intersecciona.
Específico: Fortalecer as estratexias, as capacidades e as ferramentas das organizacións sociais e do sector da comunicación de Galicia para a defensa dos dereitos humanos a nivel global.
RE 1.1. Ao mes 13, creadas sinerxías para a defensa dos dereitos humanos entre sociedade civil organizada do Norte e o Sur Global.
A.1.1.1. Mapero de colectivos cos que nos podemos aliar en Galicia e /ou España para defender os dereitos humanos de forma global.
A.1.1.2. Construcción dunha estgratexia de demandas conxuntas.
A.1.1.3. Incidencia nas institucions galegas.
A.1.1.4. Incidencia nas institucións europeas.
RE 2.1. Ao mes 16, xeradas fórmulas de resiliencia colectiva no sector das ONGD galegas para continuar traballando en entorno antidemocráticos.
A.2.1.1. Análise do contexto de acoso contra organizacións de dereitos humanos .
A.2.1.2. Análise de alternativas de actuación coas organizacións aliadas do sur global.
A.2.1.3. Creación de contidos específicos de visibilización das consecuencias dos peches de espazos cívicos.
A.2.1.4. Socialización con TO e TR das situacións e alternativas a seguir.
A.2.1.5. Investigación sobre o posicionamento da adolescencia fronte os Dereitos Humnod e a liberdade de expresión.
RE 3.1. Ao mes 18, profesionais e estudantes de comunicación interiorizan o seu rol na defensa dos DDHH e melloran as súas capacidades contrarrestar o relato antidereitos.
A.3.1.1. Curso introductorio en Cooperación internacional e comunicación.
A.3.1.2. Especialización en comunicación para o cambio social.
A.3.1.3. Campaña de comunicación participativa con estudiantes universitarios de comunicación.
A.3.1.4. Viaxe de coñecemento da realidade e realización de produtos de comunicación.
RE. 4.1. Ao mes 25, posto en valor o papel que xoga a cooperación internacional, as organizacións sociais e a comunicación na defensa global dos DDHH e a democracia.
A.4.1.1. Evento de cooperación e xornalismo.
A.4.1.2. Comunicación de guerrilla.
A.4.1.3. Ciclo de cine social nos espazos socioculturais autoxestionados.
A.4.1.4. Campaña de comunicación de posta en valor na defensa dos DDHH a través da cooperación internacional.
Directa: 1.651 persoas (706 homes e 945 mulleres).
Indirecta: 20.000 persoas (8.000 homes e 12.000 mulleres)
Xunta de Galicia: 110.000,00€ (27.500,00€ en 2026, 41.250,00€ en 2027 e 41.250,00€ en 2028).