Outras novas
02/09/2007
Outras novas

ATA UN 40% MENOS DE EMISIÓNS DE CO2 EN 2020

Tal e como recomendaba o último informe do Panel Intergobernamental contra o Cambio Climático, os países asinantes do Procolo de Kioto comprometéronse a reducir entre un 25% e un 40% as súas emisións de CO2 no ano 2020, durante a reunión de Nacións Unidas sobre cambio climático que se celebra en Viena.A medida dirixida a frear o efecto invernadoiro foi asinada por países como Xapón, Alemaña, Francia ou España.Antes de acadar a fase do ano 2020, os países asinantes do protocolo de Kiote teñen que cumprir o compromiso adquirido para o período 2009-2012. Os países industrializados deben reducir antes de 2012 as súas emisións de CO2 nun 5,6% respecto ás emisións de 1990. (Fonte: CanalSolidario.org)