Sebastián Cuba Mamani naceu e vive en Quime, é indíxena e un dos protagonistas deste proxecto, traballa man a man coa poboación campesiña, dándolle asistencia técnica e facendo realidade este proxecto nunhas condicións xeográficas moi difíciles de aillamento total.
Bolivia é o país máis pobre de América do Sur, o 60% da poboación é pobre. Nas zonas rurais como Quime o 85% da poboación vive por debaixo dos umbrais da pobreza, o 78% das familias non teñen servizos sanitarios, o 42% carece de enerxía eléctrica, o 60% carece de auga por cañería e sofren elevadas porcentaxes de malnutrición.
En Bolivia, Solidariedade Internacional de Galicia e o Sindicato Unións Agrarias levan dous anos colaborando en Quime con 1.575 campesiñas e campesiños na procura dun modelo de desenvolvemento sostible