Outras novas
14/11/2007
Outras novas

FRONTE AO CAMBIO CLIMÁTICO: ACTÚA XA E APAGA A LUZ

A nova convocatoria, que leva por lema Fronte ao cambio climático: actúa xa, e que sucede á realizada a nivel internacional o pasado 1 de febreiro 2007, propón cambiar unha lámpada incandescente por unha de baixo consumo durante os cinco minutos de apagamento para impedir o cambio climático. Conseguir cinco minutos ás escuras no país require a participación de toda a cidadanía, por iso as organizacións convocantes invitan a sumarse á acción a cantas persoas e entidades desexen chamar a atención da sociedade e das institucións sobre a necesidade de tomar medidas urxentes ante esta grave ameaza", engaden nun comunicado. A iniciativa propón o apagamento de 20:00 a 20:05 horas do 15 de novembro, data que coincide coa celebración en Valencia da reunión mundial do Panel Intergobernamental da ONU para o Cambio Climático (IPPC), na que se presentará e aprobará o IV Informe de Avaliación da situación. Fonte: CanalSolidario