Outras novas
17/12/2007
Outras novas

¿CONSUMISTA TI?

A proposta didáctica, que se engloba dentro da colección Global Express, conta cunha parte informativa, onde se analiza a construción de necesidades, o prezo social e ambiental dos produtos e a capacidade que todas as persoas temos de exercer un consumo responsable.O traballo na aula céntrase en oito exercicios para aprender a ler imáxes, constatar a influencia do contorno no propio consumo, así como a influencia que cada alumna e alumno ten no consumo familiar, mostrar a sobreabundancia na que viven, a escasa utilización dalgúns dos produtos que se compran, ver as súas consecuencias medioambientais e sociais e descobrer a capacidade da cidadanía para incidir na redución do impacto negativo do consumo. Estes exercicios compleméntanse cunha guía didáctica para o profesorado.

Fonte: CanalSolidario